24.1.13

Noia: presentado e convocado o XII certame "Antón Avilés de Taramancos" de relato de aventuras

certamen.pdf Download this file

  • Pídense entre 70.000 e 100.000 caracteres en galego
  • O prazo para presentalos remata o 19 de abril
  • Premio único de 3.000 euros, con escultura de Alfonso Costa e publicación da obra
  • O fallo do xurado darase a coñecer o venres 24 de maio


Se quere ver o cartel no seu tamaño orixinal, prema aquí


Noia, xoves 24 de xaneiro de 2013. Esta mañá, ás 12:30 horas, tivo lugar a presentación, ante os medios de comunicación, do XII Certame Literario "Relato de Aventuras" Antón Avilés de Taramancos" na casa da Cultura de Noia.


Estiveron o concelleiro de Cultura, Javier Rodríguez Vieites, e Xavier Castro Rodríguez, profesor e co-director da revista "Casa da Gramática" do IES "Virxe do Mar" de Noia, ambos representando ao Concello e á revista, como coorganizadores. Tamén colabora a Deputación da Coruña.

Interésalle saber quen o gañou o ano pasado? Entrevistámolo!


Xosé Alfredo Naz, de Vigo, co título "O sorriso de Hitler"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: Axóuxere anuncia a convocatoria para a súa Residencia de Escritores deste verán 2013

  

Axóuxere Editora é un proxecto baseado
na resistencia creativa e no traballo comunitario

Se non ves correctamente esta mensaxe preme aquí.

Transcorreu medio ano dende que, o pasado verán, puxemos en marcha a Residencia de Escritores e Escritoras de Axóuxere. Achegáronse  persoas de diferentes procedencias e caracteres, e con elas compartimos vida, creación e anceios. Convencid@s de que a senda aberta enriquece a tod@s, mantemos as velas despregadas e, a través desta Convocatoria para os meses do Verán 2013, invocamos aos ventos para dar pulo a esta nave. Tod@s @s que esteades interesad@s atoparedes a información precisa nas ligazóns a rodapé.

*

Transcorreu meio ano desde que, o passado verão, pusemos em marcha a Residência de Escritores e Escritoras da Axóuxere. Achegaram-se pessoas de diferentes procedências e carateres, e com elas compartilhamos vida, criação e anseios. Convencid@s de que a senda aberta enriquece a tod@as, mantemos as velas despregadas e, através desta Convocatória para os meses do Verão 2013, invocamos os ventos para dar pulo a esta nave. Tod@s @s que esteis interessad@s encontrareis a informação precisa nas ligações a rodopé.

*

Transcurrió medio año desde que, el pasado verano, pusimos en marcha la Residencia de Escritores y Escritoras de Axóuxere. Se acercaron personas de diferentes procedencias y caracteres, y con ellas compartimos vida, creación e inquietudes. Convencid@s de que la senda abierta enriquece a tod@s, mantenemos las velas desplegadas y, a través de esta Convocatoria para los meses del Verano 2013, invocamos a los vientos para dar impulso a esta nave. Tod@s l@s que estéis interesad@s encontraréis la información adecuada en los enlaces al pie.

*

It's half a year since, this past summer, we launched the Writers' Residence of Axóuxere. People from different backgrounds and characters approached residence, and share life, creation and aims. Convinced that the path opened enriches all, we maintain sails unfolded, and through this Call for Proposals, Summer 2013, we invoke the winds to give impetus to this ship. All who are interested will find the necessary information on the links at the bottom.


*


Descargar Convocatoria Verán 2013
Galego Ilg
Galego-Português
Español
English

Descargar Bíos Residentes Inverno 2013
Galego Ilg
Galego-Português
Español




Antes, en Certo:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Achuchar" organiza unha charla sobre a importancia dos aloumiños o martes 29 de xaneiro

Cartel_el_poder_de_las_caricia

Ribeira, 24 de xaneiro de 2013. A asociación pro lactancia materna "Achuchar", de Ribeira, organiza o vindeiro martes, 29 de xaneiro, unha charla coloquio co doutor Adolfo Gómez Papí, que é pediatra e neonatólogo do Juan XXIII de Tarragona e integrante do comité de lactancia materna da Asociación Española de Pediatría. Falará do tema do seu libro "El poder de las caricias", sobre a necesidade dos aloumiños nos máis pequenos.

A charla é de balde e será ás 17:30 no salón de actos da Casa do Mar de Ribeira, ao pé do centro de saúde. Poden ir nenas e nenos.

Obradoiro de masaxe

Ademais, "Achuchar" organiza, xa o sábado 2 de febreiro, un obradoiro de masaxe infantil "Shantala", que vai impartir Francisco Portela, masaxista aiurvédico, para aprender a darlle masaxes aos bebés. Hai que anotarse antes, pero tamén é unha actividade gratuita. O número de teléfono para inscribirse é 699443547. Será pola tarde, de catro a oito, na rúa Nove de Agosto, número 97C Baixo K de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son e Noia: haberá autobús para ir á manifestación de "Queremos galego" este domingo en Compostela

Noia: o concelleiro de Cultura cualifica de "alarmante" a situación do Coliseo Noela

  • Javier Rodríguez Vieites pregúntase se a Xunta "é indiferente ou é un castigo ao Concello"
  • Sinala o retraso nas obras de reparación, que vai para dous anos, como "insostible, xa que ao deterioro do teatro hai que engadir que incluso está afectando a edificios anexos"
  • Tanto o anterior conselleiro de Cultura, Roberto Varela, como o actual, Jesús Vázquez, ignoraron as peticións de entrevista para arranxar esta paralización

A última actuación no teatro noiés foi en tempos do goberno de Zapatero, co famoso Plan E (imaxe de novembro de 2010)

Noia, 24 de xaneiro de 2013. Segundo explica hoxe en nota de prensa o concelleiro de Cultura de Noia, Javier Rodríguez Vieites, "xa en reiteradas ocasións desde o Concello se ten alertado sobre os danos ocasionados no Teatro ao non teren comezado  as obras comprometidas por parte da Xunta de Galicia. A Xunta, hai máis dun ano, convocara o concurso sendo a empresa NEOR a encargada de executar as obras de restauración, obras que  nunca deron comezado ao crebar a empresa adxudicataria, posteriormente os pasos serían, segundo información obtida, tramitar de novo a convocatoria e sacar a obra a concurso, cousa que son consciente que leva un tempo, pero…..A estas alturas o edificio  Teatro “Coliseo Noela” está a notar o paso do tempo polo peche e polas filtracións ao que hai que engadir os danos colaterais nas casas colindantes".

Ignorado por dous conselleiros de Cultura

O concelleiro noiés engade que "como político e como cidadán considero que o equipamento cultural que facilitou e facilita a democratización da cultura precisa que todos miremos e coidemos deses tesouros que conforman o acervo cultural dun país. O político ten que preocuparse destes grandes e máxicos contenedores da cultura e responder con criterios de POLÍTICO –en maiúscula-  e non con criterios ineficaces e partidistas". Para Rodríguez, "cando comento o de responder e actuar como POLÍTICO dígoo porque non recibín resposta ás miñas solicitudes de entrevista con dous conselleiros de Cultura, o anterior e o actual, coa finalidade de informarme dos plans que tiñan ao respecto.  Despois disto que debo pensar: QUE SON INDIFERENTES? ou QUE É UN CASTIGO?".

Críticas ao PP local por "cómplices co seu silencio"

Javier Rodríguez considera que "namentres, o PP de Noia, que critica calquera atraso dun par de semanas das obras municipais, está a ser cómplice co seu silencio dos anos de atraso desta obra". Finalmente, o concelleiro de Cultura de Noia desexa que "dunha vez por todas, os responsables actúen como políticos preocupados polo noso, que é o de todos, e se comporten como servidores dos cidadáns, e non como alguén que non procura o ben da cidadanía e só se move por criterios partidistas".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.1.13

Noia: persoal de Servizos Sociais fórmase este venres e sábado en avaliación, supervisión e calidade

Noia, 23 de xaneiro de 2012. Este venres 25 e o sábado 26 de xaneiro de 2013, o persoal dependente da Concellería de Igualdade e Benestar que dirixe a concelleira do BNG, Sofía Caamaño Lado, recibirá o segundo módulo do Programa de formación, avaliación, supervisión e calidade.

Os temas a impartir neste módulo serán:

  1. As reunións de equipo.
  2. Contido funcional.
  3. Documentos e rexistros.
  4. Procesos e sistemas.
  5. Avaliación do desempeño.

O segundo módulo é continuación do impartido anteriormente en xullo do ano 2012. Será impartido por Jesús Cartelle Fernández que é médico especialista en psiquiatría, Máster en Drogodependencias pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Saúde Mental pola Universidade de Vigo. Ademais exerce como consultor en temas de calidade e asesora ao Instituto de Droga e Toxicomanía (IDT) de Portugal.

Antes, en Certo:






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: actividades previstas no Entroido

  • Dentro do ciclo de Cine Infantil e educación en valores, este venres 25 de xaneiro proxectarase a película “Vecinos Invasores”. Como sempre a sesión será ás 17 h na Casa da Cultura. Despois do visionado da película haberá un obradoiro relacionado coa temática.

 

ENTROIDO:

O Concello de Dodro organiza para o Entroido 2013 diversas actividades.

Entre elas, o ENTROIDO CULTURAL os días 11 e 12 de febreiro para nenos/as de 5 a 14 anos e favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

Os cativ@s de Dodro terán un obradoiro de disfraces no que confeccionarán eles mesmos os seus disfraces, un taller de creación de máscaras e maquillaxe e a Festa do Meco.

Os obradoiros realizaranse na Casa da Cultura do Concello de 11h a 13,30h. A actividade é gratuíta e poden realizarse as inscricións ata o 7 de febreiro.

Por outra banda, este ano dentro das actividades do Entroido organizase un Concurso de Disfraces que terá lugar o sábado día 9 de febreiro na Paxareira ás 17 h.

O concurso consta de 4 categorías, infantil (dividida en infantil de 0 a 6 anos e de 7 a 12 anos), xuvenil, adulto e grupos (dividida en dúas categorías, xuvenil e adultos).

As bases do concurso pódense ver na web do Concello ou no taboleiro da Casa da Cultura.

Establécense 4 premios na categoría infantil consistentes en lotes sorpresa e entradas de cine, 2 na categoría xuvenil consistentes en entradas de cine, 2 na categoría de adultos consistentes en 2 fins de semana nunha casa rural e 1 na categoría de grupos xuvenil consistente en unha xornada na boleira con merenda e 1 na categoría de grupos adultos consistente nunha cea nun restaurante da zona.

Todos os que queiran participar deberán inscribirse ata o día 6 de febreiro na Casa da Cultura do Concello. Valorarase non soamente o disfrace, senón tamén contarán a orixinalidade, o desenfado, e a animación dos concursantes.

CINE 25 XANEIRO.pdf Download this file

Cartel Entroido 2013.pdf Download this file

Cartel Entroido Cultural 2013.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: veciños de Carreira achegáronse á Coruña na pasada fin de semana a patinar e visitar monumentos


Ribeira, 23 de xaneiro de 2013. Na última fin de semana, a Asociación de Veciños de Carreira organizou unha nova excursión das que adoita realizar nestas datas invernales.

Nesta ocasión cursaron visita á pista de xeo de A Coruña. Case medio cento de personas -a maioría rapaces e adolescentes- disfrutaron patinando nunha desapacible mañá, meteoroloxicamente falando. Pola tarde, achegáronse a visitar o museo interactivo da Domus e o museo arqueolóxico provincial sito no emblemático Castelo de San Antón.

Media_httpfarm9static_jbmsh





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: "Stop Desafiuzamentos" pasaralle ao Instituto da Vivenda os datos das familias desafiuzadas que agochan os bancos

  • En Barbanza non hai ningunha vivenda de promoción pública libre
  • O director xeral do IGVS comprometeuse a realoxar ou reubicar a toda canta familia se atope en situación precaria por este motivo

O IGVS está en Fontiñas, próximo aos xulgados de Compostela

Barbanza, 23 de xaneiro de 2013. Onte pola mañá mantiveron unha xuntanza tres membros da Plataforma "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza co Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio José Boné Pina, no seu despacho de Fontiñas, en Santiago. Os membros da Plataforma transmitiron a preocupación sobre o importante número de familias que están inmersos en procedementos de desafiuzamentos, tanto na Comarca do Barbanza coma no resto de Galicia, e que poden quedar na rúa durante os vindeiros meses. O Director Xeral do I.G.V.S pasou a informar sobre o programa de realoxo de colectivos afectados por execucións hipotecarias que favorece a reubicación das familias en vivendas de promoción pública ou ben a través da adxudicación de viviendas en alugueiro do "Programa Aluga" nos casos en que non se dispoña de vivendas de promoción pública, como acontece na bisbarra do Barbanza donde, actualmente, non hai ningunha vivenda de promoción pública libre.

 
O Director Xeral transmiteu, os membros da Plataforma, o seu compromiso de que non quede ningunha familia, sen recursos ou en situación de desafiuzamento, sen o dereito a unha vivenda axeitada. Para iso pediu a colaboración da Plataforma sobre a información do número de familias que están a vivir esta situación, ante a falla de datos oficiais que son, sistematicamente, negados polas propias entidades financeiras.
  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o alcalde apraza pleno para ir a Fitur e o Psoe pregúntalle que vai facer alí e canto vai gastar

Pospoer_pleno

Media_httpfarm9static_vvabg

Un dos sinais atrapaturistas de Arousa Norte na Pobra

A Pobra do Caramiñal, 23 de xaneiro de 2013. A oposición pobrense recibiu onte notificación do retraso do pleno ordinario que correspondía celebrar o vindeiro xoves día 31 de xaneiro. A argumentación para o aprazamento é que se celebra a Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid e para promocionar as excelencias turísticas da comarca non pode asistir o Alcalde en dita data.


A portavoz do Psoe, Teresa García Guillán, sinala que "cando a totalidade da oposición presentou escritos solicitándolle o aprazamento do Pleno ordinario con motivo da folga xeral do 29 de marzo de 2012 por ser unha medida respectuosa co dereito á folga e por facilitar o seu exercicio aos empregados municipais que así o desexaran, este non foi motivo abondo para que o Alcalde aprazara o Pleno ordinario pero si é motivo suficiente para o aprazamento, a Feira de Fitur, na que as excelencias da comarca se poden representar igualmente, sen que se bote de menos ao Alcalde da Pobra".


A voceira socialista faille ademais, unha batería de cuestións ao alcalde:


  1. Cantos días vai a estar representando a comarca en FITUR?
  2. Vai ser con cargo aos orzamentos do Concello?
  3. O aloxamento: cantas estrelas vai a ter o hotel onde pernocte?
  4. Acompáñao algún membro do goberno ou persoal de confianza?
  5. Se o acompañan: será con cargo aos orzamentos do concello?


Teresa García cre que "en aras da austeridade que predica o PP e da transparencia que debe rexer nas Administracións Públicas sería estupendo que dera conta de todo isto aos veciños".



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical