13.5.08

Ribeira con gas

Solicitamos a gasificación de Ribeira

O BNG solicitalle ao Pleno e á Xunta de Goberno Local que se dirixa ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio demandándolle que axilice a resolución e aprobación das retribucións precisas para a execución das actuacións de gasificación conveniadas entre a Xunta de Galiza e a empresa Gas Galicia para dotar deste servizo, entre outros, ao noso concello.No mes de xuño do pasado ano, o conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, asinou un convenio de colaboración coa empresa Gas Galicia coa fin de desenvolver a cuarta fase do plan de gasificación de Galiza.O convenio ten como obxectivo ampliar e mellorar as infraestruturas da rede gasista para garantir a subministración de gas natural naqueles concellos cuxo potencial de desenvolvemento se considera prioritario. Cun investimento de máis de 18 millóns de euros a intención é levar o subministro de gas natural a 25 concellos, entre eles ao noso. Esta cuarta fase do plan de gasificación de Galiza a desenvolver durante os vindeiros catro anos permitirá a construción de 100 quilómetros de redes e ramais de distribución industrial e doméstico-comercial, creando máis de 39.000 puntos de conexión así como a distribución de gas a diferentes polígonos industriais, entre eles o de Xarás, en Ribeira.
Dominga Brión
Blogged with the Flock Browser

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical