26.6.09

As Catedrais, en Ribadeo


Din que é a mellor praia de Europa e a peor da Mariña luguesa (non se emprega como praia polos do lugar, pois a marea sube demasiado e hai que recoller os bártulos para non mollarse). O seu nome orixinal é praia de Augas Santas. Chegou Calvo Sotelo (D.E.P.) e uns amigos madrileños e trocáronlle o nome por este turístico de As Catedrais. Este arco que ven é o máis exterior. Os magníficos están ao fondo. Hai que mollar os pés e escoller días que baixe moito, moito, a marea. Logo non digan que non ían avisados!

1 comentario:

Paco do Martelo dijo...

Excelente plástica e fantásticas combinacións de cores.
Sempre que pasei por alí, marea alta e mal tempo. Haberá que recuncar :)

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical