8.1.10

Agro: se tes unha monllada de grelos de Galicia, tes un tesouro


E agora con Indicación Xeográfica Protexida!

Os Grelos de Galicia obteñen o seu rexistro definitivo como Indicación Xeográfica Protexida

Queda nomeado, con carácter provisional, o Consello Regulador desta indicación por proposta do sector

O pasado 30 de outubro recibiu o recoñecemento da Unión Europea como produto de calidade

Santiago, 8 de xaneiro de 2010.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a Orde pola que se aproba o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, que se nomeou con carácter provisional. Con este paso, os Grelos de Galicia conseguen o seu rexistro definitivo como produto de calidade, recoñecido tamén o pasado 30 de outubro de 2009 pola Unión Europea.

Con esta orde queda nomeado o Consello Regulador, por proposta do sector e con carácter provisional, con José Luis Dadín Rivadas na Presidencia e apoiado por cinco vogais en representación do sector produtor, cinco vogais representando ao sector comercializador en fresco e outros cinco membros do sector industrial.

Como corporación de dereito público, o Consello Regulador da IXP Grelos de Galicia ten como principais obxectivos a defensa do produto, a aplicación e vixilancia do seu regulamento e o fomento e control da calidade do produto amparado. Pola súa parte, o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal) será o órgano encargado do control e certificación para os produtos desta indicación. A tutela administrativa sobre este ente correspóndelle á Consellería do Medio Rural por ter competencia en materia de agricultura.

Características do produto

Os grelos amparados por esta indicación presentan unha cor verde intensa e unha textura fibrosa xunto cun sabor lixeiramente ácido. A área de produción esténdese a tódolos concellos de Galicia.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical