3.3.10

Boiro: prosegue a polémica polos pasos elevados en Cabo da Cruz

E lojo querme dicir vostede que en catro quilómetros de carretera pódense poñer 11 badéns? Onde se viu iso? Vaia vostede dende Cabo ó centro de Ribeira: tódolos badéns que pasan están no concello de Boiro, todos! Na Pobra non teñen badéns, e en Ribeira xa llos mandaron quitar, ou non se acorda? E aquí se hai festa, que sexa para todos. Que os poñan tamén en Boiro, en Escarabote, en Cespón (recta de Vilariño), ou ahí non se corre? E hai bastantes máis casas ca no traxecto entre Cabo e Boiro. Daquela, qué pinta un badén nun semáforo? E qué casualidade que só é no semáforo que vai cara ó Cabo da Cruz (isto saqueino do artigo desta web).
Xa verá vostede cando veñan os turistas, as colas que vai haber ás 7 da tarde á hora de saír das praias. O ano pasado, e sen badéns, chegaban os coches ó pavillón de Barraña, e agora a onde van chegar? Sacaremos á xente das praias por turnos coma na carnicería.

A propósito de http://certo.posterous.com/boiro-o-consello-local-do-bng-a-favor-dos-pas
Que xurdiu precisamente da nova en CabodeCruz.net da que agora extractamos este comentario dun veciño que sofre, e sofre concienzudamente, estes auténticos banzos no medio da estrada que castigan a bos condutores tanto coma ós pésimos...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical