14.5.10

Barbanza e Noia: en xuño, xornadas de busca activa de emprego, organizadas pola UPD


Barbanza-Noia, 14 de maio de 2010
. No mes de xuño dará comezo o ciclo de “Xornadas de Busca Activa de Emprego” organizadas pola UPD da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Barbanza-Noia en colaboración cos concellos do Pacto e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar.

     A inauguración terá lugar o día 4 de xuño na Aula Multimedia do Concello de Ribeira, coincidindo coa celebración da primeira das xornadas: “Como elaborar o teu curriculum vitae”. Asistirá o presidente do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia e da Asociación Impulsora do Pacto: D. José Luis Torres Colomer, alcalde ribeirense.

     Nesta primeira acción formativa, que terá lugar en horario de mañá, ensinarase ás persoas participantes os aspectos básicos para a elaboración do curriculum vitae, á vez que se lles guiará no proceso de cumprimentación dunha plantilla que lles poida servir como exemplo.

     Aínda que o ciclo se vai abrir en Ribeira, esta mesma xornada realizarase tamén nos outros sete concellos que forman o Pacto, nas datas seguintes:

    * Boiro: 7 de xuño.
    * Lousame: 9 de xuño.
    * A Pobra do Caramiñal: 11 de xuño.
    * Outes: 14 e 15 de xuño.
    * Rianxo: 17 de xuño.
    * Porto do Son: 18 de xuño.
    * Noia: setembro.

O ciclo completarase con outras xornadas, a impartir nos próximos meses (datas por determinar):

  1. “Como afrontar unha entrevista de traballo”
  2. “Pasos para a creación dunha empresa”
  3. “Como darlle forma á túa idea empresarial (Plan de empresa)”
  4. “Xornadas informativas sobre subvencións”.
     Todas as xornadas teñen carácter gratuíto. A xente interesada en anotarse á primeira delas pode facelo no seguinte teléfono: 981 84 18 26, ou a través do correo electrónico: info@updbarbanza-noia.org

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical