15.6.10

Boiro: os Servizos Sociais tramitan o cheque infantil ata o 14 de xullo


Boiro, 15 de xuño de 2010. O Departamento de Servizos Sociais de Boiro tramita xa as solicitudes do cheque infantil, que teñen como base a seguinte orde do 9  de xuño de 2010 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3  non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria (DOG nº 111 de 14/06/2010).

Obxecto:

Axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

Axudas:

Cobertura total ou parcial da praza adxudicada. Establecese o custo máximo da praza segundo o horario e servizos nas seguintes contías: 
 
a) Praza ofertada durante 8 horas diarias: 130 €/mes. 
b) Praza ofertada durante 8 horas diarias con servizo de comedor: 215 €/mes. 
c) Praza ofertada en horario de tarde: 90 €/mes. Enténdese prazas con horario a partir das 15.00 horas durante catro horas. 
 
No custo máximo da praza exclúese o prezo de transporte, actividades extraescolares, material escolar, horas complementarias, matrículas e outros análogos, que deberán ser aboadas, cando proceda, pola persoa usuaria 


Persoas beneficiarias:

  • Reserva de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso anterior, sempre que cumpra os requisitos para ser beneficiaria e solicitara a reserva de praza.
  • Novas solicitudes de praza:
  1. Persoas con responsabilidade sobre nenos/as de 0 a 3 anos solicitantes de praza, nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Neste caso consideraranse solicitantes de oficio sempre que exerceran a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.
  2. Persoas con responsabilidade sobre nenos/as de 0 a 3 anos, residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, nalgún centro partícipe do programa, existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais, nais ou titores legais.
  3. Solicitantes de praza en horario de tarde.

   As escolas infantís sostidas con fondos públicos (dependentes da Xunta, Consorcio Galego de Servizos IB, PAI e as que dependan de entidades privadas que reciban axudas da Xunta para mantemento) que teñan en lista de agarda solicitantes que optaran polo cheque infantil, deberán remitila ao Departamento Territorial correspondente da Consellería de Traballo e Benestar antes do 9 de xullo de 2010, xunto coa documentación necesaria para a súa valoración.

Requisitos das persoas beneficiarias:

  1. Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2007. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
  2. Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
  3. Que a renda per cápita mensual da unidade familiar non supere 1.000 euros.

Prazo de presentación:

Un mes a partir do seguinte á publicación da orde. Ata o 14 de xullo de 2010.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical