6.6.10

Medio Ambiente: establécese a época de alto risco de incendios para o ano 2010

Barbanza-Noia, 6 de xuño de 2010. Dende a directiva da asociación de comuneiros de San Pedro de Muro e tamén dende os comuneiros de Camboño advírtennos de que xa está establecida a época de alto risco de incendios este ano, que vai dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro.

Os comuneiros do Porto do Son explícannolo así:

Orde do 28 de maio de 2010 pola que se determina a época de alto perigo de incendios. DOG nº 104 · Xoves, 3 de xuño de 2010.

Declárase como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2010 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Durante este período de risco quedan prohibidas as queimas de todo tipo en Galicia aínda que o día esté chuvioso. Ollo!!! Serán consideradas queimas ilegais.

Outras limitacións neste período. Está prohibido:

- o tránsito de vehículos nas áreas de influencia

- o afumado de colmeas

- o uso de ferramentas que poidan producir chispas (motoserra, desbrozadora,...)

- botar foguetes sen permiso do Concello ou autorización da Consellería se persiste o risco de incendio

- fumar ou facer lume

 
Nota da directiva de Muro: Os incendios traen consecuencias irreversibles para o medio. Realmente credes que tanta limitación é esaxerada?
As causas:
1ª. intencionados
2ª. descoñecidas
3ª. neglixencias (queimas agrícolas, queimas de pastos, traballos forestais, fogueiras, fumadores, queima de basuras e outras)
4ª. raios
5ª. causas fortuítas (ferrocarril, liñas eléctricas, motores e máquinas, maniobras militares)
6ª. reproducións

 
As consecuencias:
- impacto sobre a vexetación (destrución total)
- impacto sobre a fauna (a de menor mobilidade verase afectada a restante deberá migrar)
- efectos sobre os balances hidrolóxicos
- impacto sobre a calidade das augas
- impacto sobre a calidade da atmósfera
- impacto sobre o solo
- impacto sobre a paisaxe
- malógrase o noso orgullo
A Xunta Reitora

 
 Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro 
 
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es       
  
E os de Camboño, con este gráfico:


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical