2.7.10

Noia: reacción do PSOE á "pinza PP-BNG". Anuncian unha ofensiva para sacar adiante o proxecto de limpeza e rexeneración da Ría

O Viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá a súa indignación "pola demagoxia do PP e do BNG, que agora falan da autonomía de Galicia para xustificar a súa posición contraria a unha inversión de tres millóns de euros para limpar a ría. É a primeira vez que vexo a alguén decindo que non queren que se fagan investimentos no pobo de Noia".

Lage chegou dicir que "a Historia xulgará aos que conspiran para impedir que se fagan inversións en Noia antes de maio de 2011"


Noia. 2 de xullo de 2010.- O viceportavoz do Grupo Socialista no parlamento, José manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá a súa indignación "pola demagoxia utilizada polo PP e o BNG, que agora falan da autonomía de Galicia para xustificar a súa posición contraria a unha inversión de tres millóns de euros para limpar a ría.”

É a primeira vez que vexo a alguén decindo que non queren que se fagan investimentos no pobo de Noia, é a primeira vez que escoito uns argumentos tan peregrinos para rexeitar que o Goberno de España invirta en Noia. Ou é que o PP considera que Noia non forma parte de España? Creo que a acción política do candidato do PP de Noia é un disparate permanente" aseguraba hoxe Lage Tuñas. Dende o PSdeG-PSOE reacciónase diante da “pinza PP-BNG” e anúnciase "unha ofensiva para sacar adiante o proxecto de limpeza e rexeneración da ría de Noia".

Peirao de Noia en 1925. Fotos da estadounidense Ruth Matilda Anderson

Lage Tuñas, viceportavoz do grupo parlamentario socialista, está en contacto permanente co alcalde de Noia e co grupo de goberno, para multiplicar os esforzos e as xestións institucionais dirixidas a “conseguir que Noia recupere maior protagonismo co impulso á economía local, co incremento da productividade marisqueira da ría e coa potenciación do turismo”.

O deputado noiés do PSdeG entende que “nunca ninguén foi tan lonxe como teñen ido PP e BNG para poñer os seus intereses electorais por riba dos intereses de Noia.”

É unha mágoa que adiquen o seu tempo a tecer alianzas para intentar impedir un importante investimento do Goberno de España en Noia. Sería mellor que adicaron tempo a escoitar o sentir dos veciños e veciñas que non entenden que os concelleiros do PP e do BNG unan as súas forzas para impedir que se materialicen novos proxectos para Noia”, engadiu.

Lage Tuñas cree que “a alianza de PP e BNG polo de agora as consecuencias que tivo foron negativas para o pobo de Noia. Dende finais do ano 2008 levan impedindo que se aprobe un proxecto de saneamento, primeiro co PSdeG na Xunta, ata marzo do 2009, e agora co PP na Xunta.” O parlamentario socialista explica que “non podemos deixar pasar o tren dunha inversión do Estado, tan importante para o marisqueo, o turismo e a creación de riqueza no concello de Noia. Só dende a insensatez, a irresponsabilidade ou o infantilismo político se pode entender a “intifada” de PP e BNG para intentar impedir os investimentos na limpeza e rexeneración da ría".

Lage Tuñas afirmaba hoxe que "a historia xulgará aos que conspiran para impedir que se fagan inversións en Noia antes de maio do 2011. PP e BNG só pensan nas eleccións, e o que está en xogo é a limpeza da ría, que levan os veciños de Noia agardando 40 anos a que algún goberno se acordara de Noia, e agora que hai unha importante partida e un proxecto de Costas para executar, intentan impedilo”.

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage avanzou que “dende o PSdeG, temos como un obxectivo irrenunciables a limpeza e a rexeneración da ría de Noia. Entendemos que é o momento de darlle o impulso definitivo ao proxecto de Costas e que Noia aproveite esta oportunidade para potenciar a economía, a través do marisqueo e o turismo”.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical