11.8.10

Boiro: concedidos 6.700 euros de subvención para a nova curtametraxe "Tabernarios", da cooperativa Fungo


Unha das últimas curtas de Fungo foi a dirixida por Toño Chouza, Retratos de Romería, sobre o San Ramón

Boiro, 11 de agosto de 2010. Un total de 36 proxectos presentados por 31 produtoras independentes galegas recibirán o apoio económico da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) por un importe global de 800.000 euros, adxudicados a través de dúas das seis liñas de subvención ao sector audiovisual convocadas este ano pola entidade da Consellería de Cultura e Turismo.

Entre elas está a cooperativa boirense "Fungo", que vai levar adiante a curtametraxe "Tabernarios".

Desta contía total, 450.000 euros distribúense entre 20 propostas de traballo previo á realización de novas obras audiovisuais en lingua galega, mentres que 350.000 euros destínanse ao desenvolvemento e produción de 16 proxectos de contidos dixitais e interactivos destinados a internet, televisión dixital interactiva, plataformas de videoxogos e dispositivos móbiles. Con estas dúas novas resolucións, a Agadic avanza na publicación dos adxudicatarios e contías outorgadas a través do seu programa de axudas ao sector audiovisual galego 2010, para o que reserva un orzamento superior aos 7 millóns de euros. Un 70,5 por cento deste importe corresponde ás subvencións á produción e coprodución de longametraxes en lingua galega, cuxa adxudicación será publicada proximamente. Ao tempo, continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para as de amortización de custos de produción, de concesión automática ata esgotar os 800.000 euros dispoñibles para esta modalidade.

Entre os comisarios para conceder estas subvencións (neste caso as referidas a contidos interactivos) está o pobrense Manuel Gago Mariño, profesor de Xornalismo na USC pero máis coñecido en Certo como autor de Capítulo 0.

Web de Fungo: http://www.fungo.es

Listaxes totais de beneficiarios destas subvencións aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical