A Pobra do Caramiñal, 3 de agosto de 2010.- Logo das declaracións que o alcalde de A Pobra, o popular Isaac Maceiras, fixo onte sobre o Plan de Ordenación do Litoral, nas que acusaba á oposición de enganar aos veciños e lles esixía pedir disculpas, a reacción dos socialistas non se fixo agardar. Transcribímoslles íntegra a súa nota de prensa: "Temos que recordarlle ó equipo de goberno, liderado polo Sr. Isaac Maceiras, que xamais enganamos aos veciños, que lle expuxemos a realidade da documentación que a Xunta do Sr. Feijoo enviara ó Concello, e que debido a nosa presenza nos medios de comunicación, os obrigamos a xestionar minimamente os intereses dos veciños. Non se esqueza ese equipo de goberno que o Partido Socialista da Pobra, antes que ninguén, lle solicitou unha reunión con técnicos e con todos os grupos políticos da Corporación para analizar e clarificar os niveis e áreas de afección. Non se atendeu a nosa solicitude, nin se nos dou resposta algunha, cando nós pensabamos que unha resposta unánime de toda a Corporación era a mellor defensa. A continuación, o Sr. Isaac trouxo ó redactor do PXOM para que sen coñecernos de nada nos puidera insultar publicamente. Naquel entón xa habíamos contratado un estudio de arquitectura que nos asesoraba permanentemente. Xamais mentimos, nin contaminamos nada, pero conseguimos que debido a intranquilidade dos veciños, o PP da Pobra se movera un pouco. Posteriormente fixeron unha pequena alegación na que en dúas follas se dedican a poñer recortes de prensa e incluso a nosa revista informativa “forte e claro”. Chócanos que aparece un recorte de prensa do día 20 de abril pero non aparece o recorte do día 21 que textualmente dicía: “EL PSOE PIDE QUE EL PXOM DE A POBRA PREVALEZCA SOBRE EL PLAN DO LITORAL”, xa que fomos os socialistas a través dos deputados autonómicos Mar Barcón e Lage Tuñas os que tomamos a iniciativa nese sentido e a vez lle dou a idea a este equipo de goberno esgotado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:
Publicar un comentario