O conservatorio está na Avenida Miguel Rodríguez Bautista, 21
O seminario está estructurado en tres grandes bloques:
- A Figura do Emprendedor: abordaranse aspectos como as actitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecemento e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as diferentes motivacións que impulsan a emprender e as principais barreiras cas que se soen enfrontar.
- A Idea de Negocio: analízase que concepto queremos vender e cal será o perfil do noso cliente potencial. Examinaranse as distintas fontes de ideas e concluirase con que a viabilidade dun proxecto depende en gran medida da calidade e madurez da idea inicial. Tamén se abordarán as diferentes fontes de información ás que o emprendedor deberá acceder para recompilar datos, procesalos e analizalos co fin de examinala viabilidade dende o punto de vista comercial, económico- financeiro e técnico- legal.
- A Posta en Marcha: analizarase como levar a cabo a transformación da idea en proxecto, a necesidade de desenvolver un Plan de Empresa rigoroso e os recursos humanos e materiais que son necesarios para por en marcha o proxecto. Móstrase ademais unha serie de instrumentos e recursos que están dispoñibles para os emprendedores e que supoñen unha importante axuda para alcanzar o éxito no seus proxectos de empresa.
Este Seminario é totalmente gratuíto e está orientado a mozos, estudiantes, traballadores en activo, desempregados e, en xeral, a todas aquelas persoas con inquietudes empresariais.
A inscrición deberá realizarse na Oficina de Desenvolvemento Local deste Concello ata o 22 de outubro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario