Centro ocupacional de Ámbar, en Xarás, Ribeira
Barbanza, 1 de decembro de 2010. Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, o próximo venres día 3 a Asociación AMBAR realizará os seguintes actos ó longo da mañá :
1- Pola mañá entre as 10 e as 11:30h. irán a todos os concellos da comarca para facer entrega ós alcaldes dunhas axendas conmemorativas deste día, realizadas no taller de encadernación do centro ocupacional. A axenda conmemora o día tres cun artigo da Convención da ONU sobre os dereitos da persoas con discapacidade e diversas imaxes relativas á diversidade.
2- Ás 12:30h. no CENTRO DE RECURSOS DA BARBANZA haberá diversos axentes do eido educativo e dos servicios sociais que visitarán as instalacións e presenciarán a lectura ó manifesto por parte de socios e traballadores da entidade.
3- Despois disto amosaranlle aos asistentes a actividade diaria, guiada e explicada polos propios usuari@s do centro.
O manifesto para ese día é o que segue:
Relacionada:
Amicos: sensibilización sobre a discapacidade con "IntegraEscola"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario