16.12.10

Mar: o Bng pregunta polas gaiolas de cría de salmón que se queren instalar na ría de Muros e Noia

Os nacionalistas queren que se concrete a data para decidir a instalación no polígono mexilloeiro de Muros C por parte da compañía galego-norueguesa North West Food S.L de dúas gaiolas. Reclaman que se lles remitan os informes que segundo a Consellería demostra que non hai afectación sobre o medio e os recursos

Noia, 16 Decembro 2010- O deputado Bieito Lobeira, parlamentario do Bng, cuestionou hoxe en Comisión a previsión de instalación de dúas gaiolas de cultivo industrial de salmón na ría de Muros e Noia, por descoñecer os informes sobre o seu impacto nos recursos mariños e no medio.

Bieito Lobeira fíxose eco da intención da consellería de autorizar a instalación destas gaiolas, pertencentes á empresa North West Food S.L, no polígono mexilloeiro de Muros C, para o que a Consellería se puxo en contacto coas entidades do sector, “con algunhas, non con todas”, para que emitiran a súa opinión. Malia estes contactos, dixo, aínda non se coñece a decisión da Consellería, polo que urxiu unha resposta neste sentido.

O deputado nacionalista lembra que cando se prantexou un proxecto semellante na ría de Arousa os estudos preceptivos concluiron que había risco de afección severa, polo que se recomendou que esas gaiolas non se instalaran.

“A pretensión da Consellería –engadiu- é exactamente a contraria do que dita o sentido común, pois trata de pór en marcha unha experiencia constante con instalación e fondeo das gaiolas durante doce meses e avaliar a posteriori o seu impacto”. Para o nacionalista, esta decisión é, cando menos, “surrealista”, pois se finalmente non hai problema, incrementaríase o número de gaiolas a fondear nese mesmo polígono, mais no caso de se confirmar a existencia dun impacto negativo sobre os recursos e o ecosistema, “avaliarase” e “decidirase” que facer, segundo a Consellería.

A mesma compañía experimentou en Ribeira

Salmón atlántico na Wikipedia

North West Food fixo experimentos de cría de salmón no polígono bateeiro Ribeira C, que está á altura da illa de Sálvora. Alí soltou en gaiolas case 60.000 alevíns deste peixe e os responsables da compañía sinalaron en 2009 que, debido á calidade das augas das nosas rías, o crecemento dos salmóns era moi superior a instalacións similares en Noruega ou Escocia, onde tamén están instalados. Namentres bateeiros e mariñeiros ven un grave perigo de contaminación, os noruego-galegos deféndense e din que apenas se contamina coa comida e coidados que precisan os salmóns criados en cautividade. A Xunta paralizou no seu día este experimento, momento no que a compañía anunciou que se trasladaría á ría de Muros.

Vídeos a favor:

Vídeos en contra:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical