Blog de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia http://www.certo.es
Rianxo, 27 de xaneiro de 2011. O grupo de ‘’Teatro Airiños’’ de Asados representou por primeira vez ‘’Os Vellos non Deben de Namorarse’’ de Castelao en 1983 e volveuse a representar outra vez en1986 para conmemorar o 100 aniversario do nacemento de Castelao. O ano pasado volveuse preparar a mesma obra baixo a dirección de Xesús Santos e representouse por varios escenarios de Galicia.
Nesta ocasión, este sábado 29 de xaneiro (oito da tarde, auditorio), voltan traballar actores que xa o fixeran no ano 1983 e outros actores que se incorporaron recentemente como poden ser Ramón Romero, Lucía Casal e Marcos Iglesias, que seguen coa tradicción de actuar no teatro xa que os seus avós e bisavós xa o fixeran noutras ocasións.
A representación do próximo sábado de ‘’Os vellos non deben de namorarse’’ forma parte dos actos organizados polo Concello de Rianxo e a ‘Fundación Castelao, no 125 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. No transcurso do acto o concello de Rianxo faralle outra homenaxe ao ’Grupo de Teatro "Airiños’’ pola súa traxectoria artística ao longo destes 78 anos de carreira.
http://teatroasados.blogspot.com/
(Texto de Marcos Iglesias Santos (1ºC) na revista Bico da Ría, do Instituto "Félix Muriel")
Nota do Concello:
O Concello de Rianxo, como todos os anos, vai desenvolver o programa ActosCastelao 2011 no que se conmemora o nacemento do ilustre rianxeiro. Ademais este ano coincidindo que xa van alá 125 anos dende que naceu, vanse realizar ó longo detodo o ano diferentes propostas culturais arredor da figura de Alfonso Daniel RodríguezCastelao.Esta fin de semana desenvolverase a seguinte programación: REPRESENTACIÓN TEATRAL: Os vellos non deben de namorarse a cargo doGrupo de Teatro Airiños do CC Simón Varela de AsadosDía: sábado, 29 de decembroHora: 20.00 hLugar: Auditorio de RianxoNeste ano prodúcese o 70 aniversario da estrea de “Os vellos non deben de namorarse” en Bos Aires pola “Compañía Gallega de Comedias de Maruxa Villanueva”,así que para recordar a obra de Castelao farase unha representación por parte doGrupo de Teatro Airiños baixo a dirección de Xesús Santos (ver ficha técnica e cartel en documento anexo)Ao inicio da representación teatral o grupo Airiños será obxecto dunha homenaxe porparte do Concello, pola súa traxectoria cultural. Xa que van alá 78 anos dende a súaformación e tamén 25 anos dende que o grupo estreara por primeira vez a obra “Os vellos non deben de namorarse”.Pódense retirar as entradas (máximo 2 por persoa) unha hora antes de que comece arepresentación
Día: domingo, 30 de xaneiroHora: 13.00 hLugar: Paseo da Ribeira diante do busto de CastelaoA Fundación Castelao e o Concello de Rianxo para conmemorar o 125 aniversario donacemento de Castelao realizarán unha ofrenda floral diante do busto do ilustre rianxeiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Publicar un comentario
No hay comentarios:
Publicar un comentario