9.3.11

Boiro: o Centro de Formación e Viveiro de Empresas será inaugurado oficialmente este venres 11 de marzo

O presidente de Deputación voltará a Boiro para esta inauguración

Boiro, 9 de marzo de 2011. O Concello de Boiro, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, inaugurará este venres, día 11 de marzo, ás 12.00 horas, o Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial de Espiñeira, nun acto que contará coa asistencia do Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes; o Presidente da Deputación da Coruña, D. Salvador Fernández Moreda; o Subdirector de Xestión Económica do Ministerio de Ciencia e Innovación, D. José María Álvarez Pérez; o consejero técnico do Ministerio D. Manuel Constenla Bergueiro; e a Deputada Provincial  Rosana Pérez Fernández, entre outras autoridades.

A construción deste centro é unha aposta do goberno de Boiro para o estímulo do emprego, pois ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, as iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos da súa andaina, que son os máis difíciles. Basicamente, é unha estrutura de acollida temporal pensada para ubicar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado laboral; prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, se facilite o desenvolvemento xerminal de iniciativas de interese local.

Cómpre lembrar que este centro valeulle ao Concello de Boiro a concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que ven a reafirmar a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego, ademais de por de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local.

O centro conta, ademais, cunha escola de cociña, totalmente equipada, para impartir formación a través de programas pensados para a capacitación profesional dos desempregados que pretenden acceder ao mercado laboral, sobre todo en sectores que se consideran máis dinámicos nas comarcas de Barbanza e Noia: hostalería e turismo.

Os espazos básicos cos que contarán as empresas son os seguintes:

  • Locais privados ou despachos, equipados con armario de oficina, mesa despacho, caixóns, cadeiras, papeleira e percheiro, así como dotación de infraestruturas de iluminación, electricidade, climatización, teléfono e comunicacións.
  • Áreas comúns: recepción, administración, secretaría, aulas, sala de xuntas, fotocopiadora, fax e aparcamento.
  • Pequenos almacéns independentes para arquivo.
Antes publicamos:

Nave para viveiro empresarial: cartos da Deputación

 

O Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas é froito da colaboración entre varias administracións. O desglose de investimento é o seguinte: 

FASES FINANCIACIÓN

ENTIDADES

IMPORTE (€) PROYECTO DESCRIPCIÓN
Fase I (2009) Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local 993.012,77 Vivero

de empresas

Construccion de edificio
Xunta de Galicia 274.201,20 Taller de empleo “Viveiro de empresas” Construcción edificio y equipamiento
Concello de Boiro 101.290,00
Fase II (2010) Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local 378.870,00 Vivero

de empresas

Construccion de edificio
Deputación da Coruña 340.000,00 Centro de Formación Equipamiento escuela de cocina
Xunta de Galicia 274.201,20 Taller de empleo “Viveiro de Empresas” Construcción edificio y equipamiento
Concello de Boiro 101.290,00

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical