Unha das razóns que fundamentan a ubicación dun centro residencial de atención a persoas con discapacidade neste núcleo de Boiro é a situación do concello, en termos de accesibilidade e de boa comunicación cos centros hospitalarios de Ribeira e Santiago
Vista xeral de ComoxoBoiro, 19 de marzo de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas notificou ao Concello de Boiro a aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións no monte de Comoxo. Con este informe a entidade municipal ten a aprobación para a construción neste núcleo dun centro residencial de atención a persoas con discapacidade psíquica da península do Barbanza, que rexentará Amicos. Unha das razóns que xustifican a ubicación desta infraestrutura neste punto do concello coruñés é súa situación en termos de accesibilidade desde diversos puntos e a de boa comunicación cos centros hospitalarios de Ribeira e Santiago. Ademais, o plan fundamenta o emprazamento desta dotación en solo rústico na inexistencia de terreos dispoñibles para este uso nos solos urbanos nos concellos de Boiro, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Lousame, Rianxo e Noia; nin solos urbanizables de Boiro que contan con plan parcial aprobado. O plan especial foi aprobado provisionalmente polo Concello en pleno na sesión do 25 de xaneiro de 2011. Relacionada:

Amicos: presentou o seu proxecto residencial en Comoxo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario