Noia, Boiro, Porto do Son e Lousame son concellos que exaltan a camelia nestas bisbarras Lousame, 4 de marzo de 2011. O polideportivo "Pilar Barreiro Senra" acubilla esta fin de semana a V Xornada da Camelia. O sábado, 5 de marzo, recíbese aos visitantes dende as nove da mañá cos seus exemplares de camelia. A mediodía, comida conxunta no Trapeiro. Pola tarde o xurado valora as camelias que pasarán ao expositor. Tamén haberá unha visita guiada ás minas de San Finx antes da inauguración, prevista ás seis da tarde. O xurado da o seu dictame, con premios ás mellores camelias, ás sete da tarde. Presentaranse concursantes de toda Galicia. Xa o domingo, 6 de marzo, a exposición de camelias abre de dez da mañá a oito da tarde. Están programadas varias actividades para rapaces entre 6 e 14 anos coa fin de divulgar esta planta.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario