9.3.11

Mar: protesta de mariscadoras ante o Parlamento e moción dos socialistas a prol de restituír a axuda retirada

O PP rexeita unha iniciativa socialista para restituír as axudas de 557€  ás mariscadoras

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE AS POLITICAS DE NÚÑEZ FEIJOO ESTA ARRUINANDO ÁS MARISCADORAS DE GALICIA

-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira dixo que Feijóo "condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar". 

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar a Xunta, mediante unha moción, que con caracter de urxencia se restitúan as axudas de 557 euros ás mariscadoras que, cumpridos os 65 anos, necesitan seguir cotizando ao Réxime Especial do Mar, para complementar o período mínimo que dá dereito a unha pensión contributiva da Seguridade Social. A proposta foi rexeitada polo PP.

A portavoz de Pesca enviou unha mensaxe de apoio as mariscadoras que se manifestaban hoxe as portas do Parlamento para reivindicar os seus dereitos, e amosou a solidariedade do PSdeG con todo o colectivo.

Soneira dixo que a política de Feijoo condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar. Lembra que a Xunta retirou una axuda mensual de 557 euros para as mariscadoras que foi aprobada na pasada lexislatura.

“Quen é mais igual Señora Conselleira –preguntou dende a Tribuna da Cámara- as mariscadoras de mais de 65 anos que non teñen dereito a esta axuda, ou os medios de comunicación que cobraron da súa Consellería perto de 3 millóns de euros na organización de campañas informativas?”, espetou. E insistiu “ quen é mais igual ou os seus amigos da Confraria de Cambados?”, replicou.

Explicou que a normativa vixente establece, como norma xeral,  o cese da actividade  no mesmo día en que, as mariscadoras, cumpran os 65 anos de idade. Nese momento dáselles de baixa no correspondente censo e, en consecuencia, non se lle revalida o Permex que lles autorizaría a seguir faenando. As persoas que se atopan nesta situación deberán solicitar a correspondente pensión de xubilación  da Seguridade Social.

Soneira replica que se trata dun colectivo moi pequeno, composto por mulleres que non teñen máis fonte de ingresos que os procedentes desta actividade e que, de non xerar as cotizacións necesarias para ter dereito a percibir unha pensión contributiva da Seguridade Social, están abocadas a sobrevivir cunha pensión non contributiva ou compartir a pensión do seu marido nos casos en que estean casadas.

Neste punto a parlamentaria socialista loubou o traballo impulsado na pasada lexislatura neste asunto. Explicou que daquela quedou patente a indefensión e desprotección económica na que se atopaban centos de mariscadoras que superaban os 65 anos de idade e que non podían recibir ningún tipo de retribución pública alternativa pola vía das prestacións da Seguridade Social. Por iso se publicou a Orde de 8 de agosto 2007 (DOG 155 do venres 10 de agosto de 2007) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para que as mariscadoras  a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización o réxime especial dos traballadores do mar co obxecto de conseguir pensión de xubilación. Nese mesmo ano publicouse a Orde do 30 de novembro onde se convocaban as axudas para o seguinte exercicio económico.

Detección de biotoxinas

Por outra parte a portavoz de Pesca tamén interveu anteriormente, trala comparecencia  da Conselleira do Mar na que explicou que a Xunta vai recorrer o regulamento comunitario no método de análise de biotoxinas en moluscos. A deputada do PSdeG Marisol Soneira lembrou que o Goberno Central xa vai recorrer o novo método, e preguntou polo percorrido que terá esta iniciativa da Conselleira do Mar. Ademais rexeitou oporse a un método que asumen os países máis desenvolvidos de Europa para a análise das biotoxinas, tras coñecer que o Consello Regulador do Mexillón de Galicia defende a tese contraria á Xunta.

MOC axudas mariscadoras 250211 MARISOL 260849-asinado.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical