Este colectivo, do que aínda non se coñece quen está detrás, pretende que esta escolleira se convirta en porto, fronte á rexeneración da Ría que quere facer o Ministerio de Medio Ambiente, que prevé sacala case toda
Noia, 16 de marzo de 2011. Un grupo de homes e mulleres de Noia vén de constituir o Colectivo Escolleira, "que ten coma fin o remate desta infraestrutura para convertela no porto de Noia, a recuperación da Praia urbana de Labarta e a planificación da futura rexeneración integral, recuperando o papel que o mar de Noia e debe ter para o futuro desta vila", explican hoxe en nota de prensa.
Esta asociación busca recobrar "o papel que nunca debeu perder Noia, convertíndoa ademais no verdadeiro Portus Apostoli, no porto de Compostela tal e como demandaron os axentes sociais da vila no seu día".
Para o Colectivo Escolleira, "longo é o debate sobre o papel da escolleira no camiño da rexeneración da ría de Noia: Colectivo Escolleira defende o papel desta, xa que é o único sitio do inmenso lamagal que é a ría onde se pode atopar vida animal, ademais de ser unha infraestructura clave para o porto de Noia máxima logo da aprobación definitiva da ponte sobre da ría".
Nos próximos días, este colectivo irá dándose a coñecer entre a veciñanza, asociacións e partidos políticos. Mentres tanto, para poñerse en contacto con eles ou adherirse ao colectivo, só hai que enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico: colectivoescolleira@gmail.com.
Hoxe mesmo, na Ría de Muros e Noia:
Anteriormente en Certo:
Política: o Bng di que sacar a escolleira é "unha operación estética"
Rexeneración da Ría: máis preto, trala reversión de 224.000 m2
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario