11.3.11

Noia: o Bng considera "falto de ideas" ao equipo de goberno polo do campo de céspede artificial

Cualifican esta dotación como "dispendio económico"
Media_httpfarm5static_fbzdy

Noia, 11 de marzo de 2011. O convenio asinado entre a Deputación de A Coruña e o Concello de Noia para dotar ao municipio dun campo de fútbol de herba artificial "vaise converter nun dispendio económico inxustificado, o que popularmente se coñece polo
dito de “vestir un santo para espir outro”, segundo manifestou hoxe o alcaldable polo Bng noiés, Bieito González.

"Inicialmente tal intervención estaba pensada para a construción dun novo recinto con herba sintética, xa que o actual Estadio Municipal de San Lázaro conta, a maiores do campo de fútbol, cunhas instalacións de atletismo que son incompatibles coa presencia da herba artificial, xa que automaticamente isto representaría a perda de homologación de tales instalacións", continúa o nacionalista, quen asegura que "sobre o manto artificial xa non se podería practicar toda unha serie de disciplinas de atletismo, como por exemplo o lanzamento de xavelina, ou mesmo o lanzamento de pesos. Hai que lembrar que a construción destas instalacións de atletismo foron, no seu día, financiadas pola mesma Deputación, e acadaron a contía de 600.000 euros".

Lugar alternativo

Para o Bng noiés, "un grupo de goberno responsable tiña que ter dirixidos os seus esforzos á procura dun lugar alternativo para a construción deste novo equipamento
deportivo, e non ir ao fácil, substituíndo a herba natural por outra artificial, polo mero feito de dicir que non se perde a contía da subvención, condenando a un segmento importante da poboación amante da práctica do atletismo a non poder exercitala, e o que é peor, deixar Noia sen unhas instalacións de atletismo onde se poidan realizar competicións de carácter oficial".

Relacionada:


Campo de césped artificial en San Lázaro: 250.000 euros da Deputación


Podería interesarlle:


Programa cultural de marzo: todas as datas e actividades


Feira do comercio: 11, 12 e 13 de marzo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical