Noia, 7 de marzo de 2011. O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, estivo hoxe en Noia, onde asegurou que a obra de retirada da rampa e a ampliación de pantaláns remata este mes de marzo; comprometeuse a poñer un novo pantalán para usos deportivos en Testal e tamén a estudar a ampliación do clube de remo, así como a reordenar o tráfico na zona portuaria. Portos de Galicia foi o ente que en 2010, co gallo do Xacobeo, creou a marca "Portos Xacobeos" e deixou fóra a Noia. Ante as protestas de empresarios noieses, que mesmo fixeron peregrinacións a Santiago, adxudicóuselle esa marca tamén pero non se fixo nin un só acto nin se colocou o monolito no porto que o acredita como tal. En Certo publicamos a eito sobre ese asunto. CuriosidadesSabía vostede que José Manuel Álvarez-Campana ten un blog persoal que non actualiza dende abril de 2009? En http://josemanuelalvarezcampana.wordpress.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario