14.3.11

Ribeira: este venres 18, cinefórum para sensibilizar sobre o Alzheimer, coa película sobre Maragall

Media_httpfarm3static_cfgah

Agadea xa ofrecera apoio anteriormente sobre esta enfermidade

Ribeira, 14 de marzo de 2011. A Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, en colaboración co Centro de Día de Ribeira, (unhas instalacións xestionadas pola asociación AGADEA), promoven o “Cinefórum. Xornada de apoio para a sensibilización sobre o Alzheimer”.
<br />Pascual Maragall: Documental sobre el Alzheimer <i>por raulespert</i>

O auditorio municipal acollerá esta acción o vindeiro venres, día 18 de marzo, ás 21.00 horas. O acceso libre e gratuíto. O acto comezará coa proxección da película “Bicicleta, cuchara, manzana”, dirixida por Carles Bosch, gañadora do Goya 2011 á mellor película documental. 

No documental relátase a experiencia do ex-presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, a quen retrata ao longo de dous anos coa súa familia e médicos para deixar constancia do día a día na súa loita persoal, logo de que no ano 2007 lle diagnosticasen Alzheimer. 

Charla coloquio

Ao remate da proxección abrirase unha charla coloquio para afondar na experiencia de enfermos e familiares ante o Alzheimer, enfermidade que hoxe en día afecta a 26 millóns de persoas en todo o mundo.  

Este “Cinefórum”, que se inaugura en Ribeira, percorrerá nos vindeiros meses todo os municipios do Barbanza.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical