3.3.11

Ribeira: o candidato polo PP á alcaldía escoita este venres aos veciños nun obradoiro de ideas

Será ás sete da tarde nun lateral da igrexa de Santa Uxía

Media_httpfarm3static_odumj

Ribeira, 3 de marzo de 2011.- O candidato á alcaldía de Ribeira polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, organiza mañá un Obradoiro de Ideas no que todos os veciños que así o desexen poderán achegarse ata a praza situada ao lado da Igrexa de Santa Uxía (onde está o Botter) para propoñer aquelas suxerencias e consideracións que consideren axeitadas para a mellora e o avance das nove parroquias do municipio. 

Esta actividade terá lugar a partir das 19 horas e, con tal motivo, na citada praza estarán dispostas unha serie de mesas informativas distribuídas en función de distintas temáticas: asuntos sociais, urbanismo, xuventude, cultura, deportes, facenda, seguridade cidadá, educación, medio ambiente, etc…  

Manuel Ruiz e o seu equipo do Partido Popular de Ribeira serán os encargados de atender as propostas dos cidadáns. Preto dun centenar de veciños xa aportaron ideas ao candidato por medio da páxina web www.manoloruiz.org, e amosáronse dispostos a acudir mañá áo Taller de Ideas para departir sobre elas.  

O Partido Popular convida a toda á cidadanía do municipio a que non deixen de participar nesta acción. Con esta iniciativa, o candidato á Alcaldía cumpre o seu compromiso de dar participación aos cidadáns no deseño do seu proxecto para Ribeira, informa en nota de prensa o PP. “Os ribeirenses son os que mellor coñecen a realidade do noso concello e os que viven a diario os seus problemas, polo que a súa opinión é importante e as súas ideas poden ser moi útiles á hora de elaborar un proxecto de xestión”, apunta Ruíz Rivas. 

O PP lembra que as ideas recollidas serán tidas en conta, tanto para a redacción do programa electoral coma para a futura xestión municipal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical