3.3.11

Ribeira: o Concello abre contas nos principais servizos sociais de Internet para achegar información axiña á veciñanza

Dende hoxe xa é posible agregarse ás contas do Concello en facebook, tuenti, twitter, youtube e flickr. Tamén se habilita un programa chamado "Entérate!" de alertas por correo electrónico

Ribeira, 3 de marzo de 2011.- Co propósito de  chegar de maneira máis eficaz, cómoda e rápida á veciñanza de Ribeira, o Concello acaba de dar inicio no día de hoxe a un novo proxecto no que se fai uso das novas tecnoloxías e redes sociais para ofrecer información das actividades culturais, festivas e xuvenís organizadas por esta Administración. Trátase do programa ENTÉRATE!, que foi presentado hoxe polos concelleiros de Cultura e Festexos e de Xuventude e Turismo, Luciano Fernández e Vicente García. 

Un dos aspectos máis atractivos deste novo servizo reside na posibilidade, xa dende hoxe mesmo, de agregar como amigo ao Concello nas redes sociais  das redes sociais facebook, tuenti, twitter, ademais dos enlaces de servizos para publicación de fotos e vídeos youtube e flickr.  

Por outra parte, os interesados poderán ter a posibilidade de recibir no seu e-mail as novas do Concello en tempo real, simplemente inscribíndose nun apartado destinado ao efecto na páxina www.riveira.es (un banner de ENTÉRATE!). Para iso hai que rexistrarse no formulario poñendo o nome, email e localidade ou parroquia. Cada vez que haxa unha novidade os inscritos recibirán un correo coa información respectiva. 

Luciano Fernández informou de que o Concello vai enviar 10.000 cartas nas que se recolle toda a información necesaria para aproveitarse dos beneficios deste novo servizo.

Podes engancharte aos diversos perfís premendo nos logotipos:

Facebook Tuenti Twitter You Tube Flickr

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical