Ribeira, 30 de marzo de 2011. O Concello de Ribeira, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocou os cursos de formación para a obtención dos Certificado en Lingua Galega, CELGA, dirixidos a persoas de máis de 16 anos.
Os cursos preparatorios comezarán o mércores, 6 de abril, en horario de 8.30 a 22.30 h de luns a xoves, e impartiranse nas instalación do Colexio O Grupo, r/ Miguel Rodríguez Bautista, nº 22, Ribeira (ao carón das novas dependencias da Policía Nacional).
É moi importante indicar que este ano hai unha única convocatoria de exames CELGA, e polo tanto só se impartirán cursos de formación dirixida a aprobar eses exames neste segundo trimestre. As persoas que estean interesadas en obter a titulación CELGA durante o exercicio 2011, pódense poñer en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, na Casa do Concello, (normalizacion@riveira.com) e procurarase incorporalas nos cursos que comezan o mércores próximo, 6 de abril.
Estes cursos de lingua galega dirixidos á poboación adulta, teñen en Riveira unha gran demanda, e nos últimos 4 anos case un milleiro de persoas se interesaron por mellorar a calidade da súa lingua, actualizar o seu currículo e coñecer máis a fondo o galego.
Actividade: Cursos CELGA
Data de comezo: 6 de abril de 2011
Data de remate: 15 de xuño de 2011
Horario: 20.30 a 22.30 h de luns a xoves.
Lugar: Colexio O Grupo
R/ Miguel Rodríguez Bautista, nº22
Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello
Tel.: 981835417
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario