A representación é o resultado final do programa de actividades extraescolares que a APA Loureda puxo en marcha a principios de curso co fin de conciliar a vida familiar e laboral. A APA intenta incluír esta actividade dado que, á vez que é divertida para os cativos, amósase unha parte pedagóxica que os alumnos poñen en práctica sen se dar conta. Así trabállase a dicción, as relacións sociais e a perda de medo a falar ou a ler en público, a expresión corporal, etc., cualidades, actitudes ou aptitudes que nun futuro lle poderán ser moi útiles os nosos pequenos.
Á parte de teatro, a APA vai organizar obradoiros de informática, debuxo e pintura, que escolleron os alumnos preferentemente.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario