Ribeira, 30 de xuño de 2011. Na reunión de consello escolar do Colexio de Frións do día 29 de xuño de 2011 tratouse, como punto cinco da Orde do día, o posicionamento do consello ante a posible supresión dunha unidade de Educación Infantil que conlevaría a supresión de dous postos de traballo definitivos neste centro educativo.
Acordouse comunicar ás organizacións sindicais a total disconformidade con esta medida polos seguintes motivos:
- Obsérvase un incremento na ratio de alumnado matriculado en educación infantil neste dous últimos cursos.
- Nesta etapa educativa estase a escolarizar alumnado que presentas necesidades específicas de apoio educativo (dislalia e Síndrome de Asperger).
- No vindeiro curso, incorpóranse a quinto de educación infantil dous nenos que nunca estiveron escolarizados.
- Dada a demanda para escolarizar alumnado de educación infantil en Santa Uxía de Ribeira, resultaría imposible matricular novo alumnado de catro e cinco anos nos centros educativos da localidade, algo que si podería realizarse en caso de manter as tres unidades, xa que o CEIP de Frions dispón de transporte escolar.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario