Para proceder á clausura da iniciativa, déronse cita na Aula Multimedia de Santa Uxía (lugar onde se celebraron os cursos) os concelleiros delegados de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo, Vicente Mariño, e de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez; así como o axente TIC que se encargou de impartir as clases, Abel Alonso.
Os tres intervintes dirixíronse aos maiores congregados co desexo de que esta iniciativa lles resultara útil e informaron de que o Concello está traballando xa en ver de levar estes cursos de alfabetización dixital ás parroquias, para contribuír a diminuír a fenda dixital que existe, por unha banda, entre diversas franxas de idade, e pola outra, entre o rural e o entorno urbano. O acto rematou coa entrega dos diplomas acreditativos aos participantes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario