17.4.12

Ribeira: comezan a arranxar o campo de A Trinidade en Oleiros

  • 24.000 euros para os vestiarios
  • Agardan que a Deputación subvencione herba artificial

 

Ribeira, 17 de abril de 2012.- O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, acompañado da edil de Oleiros Herminia Pouso, e dos directivos do Atlético Oleiros, Cándido Castro (presidente) e Pepe Cameán (secretario) estiveron no día de onte a visitar os vestiarios remodelados do campo de fútbol de A Trinidade.

 

Esta actuación, cun importe cercano aos 24.000 euros, estivo desenvolvida polo Concello e supón a primeira fase do convenio de colaboración que a Administración Municipal (xa na anterior lexislatura) suscribiu co citado club. Esta obra permitiu, segundo palabras de Martínez Queiruga, "darlle outro aspecto tanto aos dous vestiarios interiores como os dous exteriores a través da colocación de baldosas en todas as paredes, adecuación das duchas, alicatados, etc...".

 

Juan Luis Martínez tamén informou de que se está en trámites coa Deputación de A Coruña para ver se o Concello pode recabar a colaboración da entidade provincial para implantar herba artificial no campo e amosou a súa esperanza de que nun futuro non moi lonxano se poda acometer ademais outra ambiciosa actuación, consistente na construción dunha instalación macrodeportiva nos terreos anexos ao campo que inclúa un campo de adestramento de dimensións reducidas para os cativos e un autódromo que permita disfrutar de actividades como o karting ou probas de rali.

 

O edil de Deportes salientou a intención que ten o Concello de rendibilizar ao máximo as instalacións de A Trinidade como campo de referencia para todos os clubs que operan na zona norte do municipio, dadas as grandes dificultades de poder afrontar os gastos de mantemento dun campo de fútbol por parroquia. Esta pretensión conta coa anuencia do Atlético Oleiros.

 

Pola súa parte, Cándido Castro manifestou o agradecemento do club por ter realizado xa esta primeira fase das obras.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical