A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe o concello de A Pobra para explicar as obras de remodelación
Segundo explicou a conselleira, as obras consistirán principalmente na ampliación da actual lonxa, de forma que o edificio administrativo pasará a ter máis de 60 m² a maiores entre os dous andares, dando reposta así a unha vella demanda do sector. Esta ampliación suporá unha mellora da capacidade e da operatividade das instalacións para adecuarse ás necesidades dos usuarios.
A remodelación incluirá tamén a substitución da chapa da cuberta da nave por unha nova, de semellantes características en acabado gris escuro ou metalizado. No que respecta á fachada, esta será tratada tamén con diversos materiais e revestimentos que mellorarán as súas condicións de illamento térmico.
Portos de Galicia revisará tamén as instalacións da nave por completo, isto é, a instalación eléctrica e o alumeado, a canaleta central de saneamento ou as instalacións de protección contra incendios. O ente público colocará unha nova impermeabilización sobre o edificio administrativo para evitar problemas de humidades.
Ademais, están previstas actuacións no exterior de cara a mellorar o entorno inmediato. Así, empregaranse pavimentos de baixo deslizamento, construiranse accesos para as persoas de mobilidade reducida e repararase unha bomba de auga salgada para a súa posta en funcionamento. O proxecto construtivo estará rematado nun prazo aproximado dun mes.
Antes, no mesmo concello:
- A Pobra: desaparecerá o Distrito Marítimo?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario