A Pobra, 31 de agosto de 2012. A concentración de motos antigas terá lugar na praia de Cabío, o domingo 9 de setembro, con saida ás 11 horas dos xardíns da Pobra, e almorzo na Torre Xunqueiras. O Padre Teixugo, colaborador deste xornal e moteiro, pídenos "que aproveitemos a ocasión para mostrar o mellor de nós, respectando á organización dos actos (cando din parade, hai que parar o vehículo e agardar, non vaia ser que se amole alguén), xa sexa un membro da organización, xa sexa un axente da autoridade municipal, autonómica ou nacional, ok? E por favor, nada de deixar lixo á vista (hai unha cousa que se chama punto limpo) e non cruzar a estrada cando non se ten que facer. A concentración moteira vai ser internacional, polo que é unha óptima oportunidade para dar a coñecer tamén o mellor de nós. Agardo que todo saia ben, polo noso ben e a honra e o prestixio barbanzán".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario