29.8.12

Rianxo: este sábado, 1 de setembro, IV Trofeo Internacional de Xadrez e o domingo, 2, II Campionato Galego de Xadrez

Rianxo, 29 de agosto de 2012. Segundo informa o Concello, Rianxo será durante esta fin de semana a capital galega do xadrez ao acoller dúas importantes probas do calendario axedrecístico galego. O sábado, 1 de setembro, celebrarase o IV Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo e o domingo, día 2, será o II Campionato Galego de Xadrez Activo.

A presentación tivo lugar o pasado venres, 24 de agosto, a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, Daniel Martínez, Presidente do Club Xadrez Rianxo e Manuel Castaño, Xerente de DISTRIBUNOSA.

Destacouse o grande traballo que está a facer o Club Xadrez Rianxo en prol do desenvolvemento do xadrez e do deporte rianxeiro, ao tempo que se alabou a súa capacidade organizativa, como o demostra o feito de que Rianxo fora designada, por segundo ano consecutivo, sede do Campionato Galego de Xadrez Activo e tamén a repercusión e prestixio que acadou o Trofeo DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo en tan só 3 edicións.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical