- Tamén se entregaron os diplomas aos que foron ás xornadas de formación deportiva para actualizarse como monitores o pasado mes de xullo
O edil fixo fincapé en que “investir en deporte e investir na nosa xuventude” e agradeceu a labor de todos os clubs pola “cantidade de rapaces e adultos que están a realizar diferentes deportes a través destas asociacións”.
Pola súa parte o alcalde salientou que “o deporte vai seguir gañando importancia ao longo do tempo polo que faremos todo o posible porque o esforzo dos clubs se vexa recompensado”.
As agrupacións que firmaron o convenio de colaboración foron:
- Club Atlético de Oleiros
- Club Palmeira
- Club Deportivo Artes
- Motoclub Riveira School
- Asociación Integrados
- Club Baloncesto Riveira
- Club Atlético de Riveira
- Club Sta. Uxía Atletismo
- Club Natación Riveira
- Club TKD Natural Sport – Videlgi Riveira
- Asociación Cultural Deportiva Lajareu por Barlovento
- Club Kenpo Riveira
- Club Náutico Deportivo de Riveira
- Club Xuventú Aguiño
- Olveira C.F.
- Club Xadrez Círculo Mercantil de Riveira
- Sálvora C.F.
- Club Patinaxe Riveira
- Carreira Club de fútbol
- Club Kempo Barbanza
O Concello non ofrece na súa nota de prensa as cantidades asignadas a cada un. Mágoa de transparencia.
Entrega de diplomas
Ademais, o edil de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga e a concelleira de Educación María Carmen Vizcaya, xunto co alcalde entregaron os diplomas aos participantes, que superaron o 80% da asistencia, do curso de actualización para técnicos deportivos que traballan ou colaboran cos clubs, asociacións e peñas deportivas locais.
Este curso celebrouse no camping Ría de Arosa 2, durante os días 11, 12, 13 de xullo e nelas abordáronse temas sobre a planificación máis básica para os diferentes deportes, os estilos, medios e métodos de Ensinanza – Aprendizaxe ou as responsabilidades no ámbito deportivo no traballo con menores de idade.
El rey golpea a su choferY los medios hablan deCampechaníaUna cajera recibe unEmpujón de un jornaleroY los medios hablan De violencia
— juan fran (@elpadrecorajede) August 30, 2012
Política: igual que Collarte (5.100€), estes dous de Lugo tamén deben pasalas canutas (8.000€). radiolugo.info/barreiro-y-bal… Austeridade, disque
— Certo (@Certo) August 30, 2012
La internacional socialista elige a Papandreu como Presidente y Rubalcaba Vicepresidente.ow.ly/dm7cv Ahí, renovando!!
— JavierM (@javierM) August 30, 2012
Los republicanos advierten de que EEUU está "a pocos años de lo que pasa en España" bit.ly/QYggJG
— la_informacion (@la_informacion) August 30, 2012
Los catalanes tienen mucha cara por pedir dinero a Madrid. Los valencianos no. Los murcianos tampoco.
— DANIEL SERRANO MORON (@DANIELSERRANO00) August 30, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario