- Os de Xoga con Nós despedíronse cunha xornada multixogos
- A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, entregou os diplomas de fin de curso aos 15 participantes dos obradoiros de Inforxogos e Foto Dixital
Ribeira, 30 de agosto de 2012.- A concelleira de Cultura Elvira Pisos entregou uns diplomas e uns agasallos (unha bolsa con chucharías e unhas pás de praia) aos 15 participantes dos obradoiros de Inforxogos e Fotografía Dixital que se enmarcaban dentro do programa Verán Cultural.
O obxectivo dos cursos foi proporcionar aos pequenos coñecementos informáticos nun ambiente lúdico e de divertimento, a través de dinámicas de xogo e participación activa. Segundo salientou a edil “son os propios rapaces o que lles piden aos pais que lles leven aos obradoiros, xa que están entretidos, xogan cos seus compañeiros e aprenden dunha forma amena.”
Espérase que os próximos cursos que se fagan sexan no Nadal mentres os rapaces están de vacacións, co fin de facilitar ós pais a conciliación laboral e familiar.
Xornada Multixogos
Por outro lado, os nenos do obradoiro Xoga con Nós despediron hoxe nos colexios de Frións e Aguiño, o verán da mellor forma posible: divertíndose ao máximo.
Os responsables do curso, que se levou a cabo durante os meses de xullo e agosto, quixeron que os rapaces quedaran con bo sabor de boca, polo que organizaron unha Xornada Multixogos e unha merendiña con chuches.
Ao longo da mañá, realizáronse as actividades que máis éxito tiveron entre os miúdos, como xogar cun paracaídas, circuítos de obstáculos e a diana de lanzamento.
Outes: este sábado, 1 de setembro, Festa do Carme no Freixo post.ly/95x3R
— Certo (@Certo) August 30, 2012
Rumor: Rajoy contraprograma coa súa rolda de prensa con Hollande o paso de La Vuelta por Barbanza, Noia, Muros e Costa da Morte. eló
— Certo (@Certo) August 30, 2012
30 de agosto: Día Internacional de los Desaparecidos, 88.000 víctimas del franquismo en fosas comunes. publico.es/441527/al-meno…
— Memoria_ARMH (@ARMH_Memoria) August 30, 2012
La inflación se dispara sospechosamente en agosto. ¿Han subido precios que luego dirán q no repercuten la subida del IVA a los consumidores?
— FACUA (@facua) August 30, 2012
Ademais, practicaron os bailes que van realizar mañá no festival de despedida dos obradoiros do Verán Cultural, que terá lugar no auditorio de Riveira ás 12 horas e onde se lles entregará uns diplomas por teren participado no curso.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario