Outes, 28 de setembro de 2012. O bicentenario do poeta Añón non só leva aparellado o congreso que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago o 4 e 5 de outubro senón que, a renglón seguido, será homenaxeado na súa terra natal con tres xornadas conmemorativas. No programa, que se detalla a continuación, hai varias estreas, dende poemas musicados con letra do afouto bardo outiense ata un libro que escribiu sobre el, dous séculos despois, o seu veciño Ramón Blanco.
Sábado, 6 de outubro
11.00 h. : Estrea dos poemas musicados :
- Grupo de metais Onde brass?? “Amor apresurado”. Letra F. Añón
Música: Suso Baamonde. Arranxos: M. Blanco. Voz solista: Ludmila P. Sánchez.
- Banda municipal de música de Outes. “A Sabeliña”. Letra F. Añón
Música: Manuel Blanco. Dirección M. Blanco. Voz solista: Ludmila P. Sánchez.
- Coral Francisco Añón de Outes. “O recordo”. Letra F. Añón
Música: Domingo Barreiro. Dirección: Domingo Barreiro.
- Coral O Peirao de O Freixo. “Epigrama”. Letra F. Añón
Música: Domingo Barreiro. Dirección: Domingo Barreiro.
- Coral Solpor de O Freixo. “Diante da Torre de Hércules”. Letra F. Añón
Música: Domingo Barreiro. Dirección: Domingo Barreiro.
16.30 h. Inauguración da exposición de pinturas dos escolares de Outes .
17.00 h. Recital poético.
18.00 h. Entrega dos premios de pintura.
18.30 h. Representación de “El borracho y el eco”, de F. Añón, polo clube de lectura de S. Lourenzo.
19.00 h. Presentación do libro:“Poesías galegas de Añón”. Con Domingos Campos Alborés. Mestre e escritor.
19.30 h. Actuación musical: Xastre. Que dirán? . Letra e Música: Xastre
Domingo, 7 de outubro
11.00 h. Presentación da revista Terra de Outes adicada ao poeta Añón.
11.30 h. Proxección do documental : Añón na Memoria.
Autores: Juan Silva e Óscar Sendón.
12.00 h. Presentación do libro: “Vida e obra de Francisco Añón”. Con Xesús Laíño, presidente da A.C. Barbantia e Ramón Blanco, autor do libro.
12.30 h. Actuación musical: Enrique Martínez e Domingo Barreiro. “A Galicia.”
Letra F. Añón e Música: Prudencio Romo.
Martes, 9 de outubro
11.00 h. Inauguración da placa conmemorativa do bicentenario, no paseo do Tins.
11.30 h. Acto de entrega do retrato de Añón, polo pintor Alfonso Costa.
12.00 h. Acto co Presidente da R. Academia Galega, D. Xosé L. Méndez Ferrín.
12.30 h. Ofrenda floral a Añón, diante do seu monumento.
NOTA: Todos os actos, agás a ofrenda floral e o descubrimento da placa conmemorativa terán lugar na Casa da Cultura da Serra. A asistencia ás xornadas conmemortativas dos días 6 e 7 de outubro é libre. Para asistir ao acto solemne do martes día 9, é preciso presentar invitación. Esta pódese recoller na Casa da Cultura da Serra ata que se esgoten.
Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario