Dodro, 14 de setembro de 2012. Onte, xoves 13 de setembro, o Concello de Dodro organizou un Obradoiro de mediación xuvenil para a participación que tivo por obxecto a formación en competencias sobre xestión e funcionamento interno de entidades xuvenís e a difusión de elementos potenciadores do asociacionismo e da participación da mocidade.
Esta acción formativa enmárcase dentro do Programa Activa da Consellería de Traballo e Benestar que consta de catro modalidades enfocadas a temas de especial interese a xuventude e para o seu desenvolvemento persoal, laboral e colectivo, como son as habilidades para a busca de emprego; a participación e o asociacionismo; os recursos existentes para mozos e mozas; e a formación centrada na oratoria.
No obradoiro, que contou coa presencia da Concelleira de Xuventude e Familia, María Fernández Chaves, participaron un total de 18 mozas/os do territorio e a súa docencia estivo a cargo de persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.
Dodro: este domingo 16, teatro, "O señor das dunas". concellodedodro.org/actualidade-te… Dodro: a andaina de Goza do Ulla pasará polo municipio o 20 de outubro andainas.blogspot.com/2012/09/goza-d… Cultura: curso sobre xogo tradicional na Illa de Arousa o 21 e 22 de setembro post.ly/9HauQ
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario