3.9.12

Dodro: rematou o curso de animación para grupos


Dodro, 3 de setembro de 2012. Este pasado sábado, día 1 de setembro rematou en Dodro o Curso de Animación de Grupos, actividade promovida pola Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo e na que participaron 14 mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e 35 anos.  

     Esta acción formativa de 14 horas de duración, celebrouse na Casa de Cultura do Concello de Dodro e tivo por obxecto capacitar as persoas participantes para o traballo con grupos no ámbito da animación comunitaria de carácter sociocultural. 

     No acto de clausura desta actividade, participaron a Concelleira de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo, Dna. Cristina Codesido Fernández e o Alcalde de Dodro, D. Valentín Alfonsín Somoza, que foi o responsable da entrega de diplomas ás persoas participantes. 

     O Curso de Animación de Grupos supón o punto de partida dun amplo programa de actuacións dirixidas á mocidade do territorio e orientadas a: mellora da súa formación e empregabilidade,  a diversificación da oferta de actividades de lecer xuvenil e a promoción da participación activa deste colectivo nos procesos de creación e dinamización de tempos, espazos e recursos da vida cultural da comunidade.

Antes, en Certo:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical