- Xa está aberto o prazo para inscribirse. As actividades van do 1 de outubro ao 31 de maio
Rianxo, 24 de setembro de 2012. O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo presentou a oferta deportiva para a tempada de inverno 2012/13, incluíndo a do propio Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello e as propostas da Piscina Municipal.
Como xa é habitual nas políticas deportivas do Concello, trátase dunha oferta ampla, dirixida a tódolos sectores de poboación, cun carácter descentralizado, con propostas en todas as parroquias rianxeiras, co obxecto de achegar o deporte a todos/as, en especial a aqueles que mais dificultades teñen de mobilidade (neno/as e 3ª idade).
Calendario
Desenvolveranse do 1 de outubro ó 31 de maio.
O prazo de inscrición xa está aberto nas instalacións municipais e na oficina do Servizo de Deportes.
Actividades
Actividades nenos/as.
Abrangue 16 modalidades deportivas ás que se pode acceder nos pavillóns municipais (3 actividades de iniciación deportiva e 5 escolas deportivas), na piscina municipal (2 actividades en auga e 1 en seco) e a través das escolas de formación dos clubs rianxeiros (5 modalidades: piragüismo, remo, fútbol, xadrez e voleibol).
Actividades adultos e 3ª Idade
Os adultos poderán escoller entre 20 actividades distintas, que van desde o Multifitness, coa oferta dun novo grupo na parroquia do Araño)e o Tenis nos pavillóns municipais a unha ampla oferta de actividades acuáticas (aquaruning, aquapilates, matronatacion...) e dirixidas (aerobox, worcicle, pilates...) na piscina municipal.
Asemade, mantéñense os grupos de Ximnasia para a 3ª Idade en todas as parroquias do concello.
Mais información na web do Concello, no apartado do Servizo de Deportes, en http://www.concelloderianxo.es/deportes/inverno2012-13
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario