Ribeira, 3 de setembro de 2012. O último Consello da Xunta celebrado o pasado xoves ratificou o compromiso adoptado pola Consellería de Economía e Industria co Concello de Riveira, segundo o cal este departamento autonómico aportará un total de 900.000 euros á construción do novo mercado municipal: unha das actuacións principais entre as englobadas no programa Riveira Atlántica 2015, que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder.
A citada achega económica, distribuída en tres anualidades de 300.000 euros cada unha, ten como obxectivo impulsar a competividade da actividade económica dos municipios e potenciar o comercio de proximidade. Adscríbese ao Plan Ágora, Agora ReComercia.
Neste ámbito, hai que recordar que o pasado 1 de xuño -no marco dos actos de presentación oficial do programa Riveira Atlántica 2015-, asinábase na Casa Consistorial un protocolo de colaboración entre Consellería e Concello coa fin de propiciar esta axuda.
Ribeira: o Bng pide que se aclare a presunta falsidade documental en títulos de socorristas post.ly/998R4
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario