- Cun orzamento de 337.416 euros, búscase reordenar esta céntrica vía e aumentar a seguridade dos peóns xunto cunha maior fluidez da circulación e novos aparcadoiros
Ribeira, 18 de agosto de 2012.- Rematado o prazo de presentación de ofertas, en total ascende a corenta o número de empresas presentadas á licitación dobra de pavimentación e renovación da Rúa Vionta en Aguiño: unha actuación que conta cun orzamento de 337.416 euros e un prazo de execución son 5 meses.
A rúa Vionta é unha das vías máis céntricas da parroquia. A día de hoxe, a súa calzada está feita en aglomerado asfáltico e conta con dous carrís, aínda que un adoita estar ocupado por vehículos estacionados en liña. Non existe beirarrúa en toda a lonxitude da vía, apreciándose unicamente algún tramo curto con formigón e baldosa hidráulica nos seus extremos e no resto só un bordillo de formigón que delimita un espazo para o tránsito peonil de ancho moi reducido e sen pavimentar.
O obxectivo fundamental do proxecto é a reordenación da rúa Vionta que xeito que os peóns poidan transitar por ela de forma cómoda e segura, sen que teñan que circular pola calzada conxuntamente cos vehículos. Ademais, preténdese establecer unha banda diferenciada para aparcamentos en liña, co que a circulación será máis fluída.
Por todo isto, vaise implantar un único sentido de circulación, dispoñendo un carril de circulación de 3,75 metros de anchura mínima e unha banda de aparcamentos en liña de 2,25 metros. Por cada marxe da rúa e ao longo da mesma, disporase unha beirrarrúa.
Servizos
En canto á renovación do saneamento, no apartado de abastecemento eliminarase a tubaxe existente de fibrocemento que será suplantada por dous liñas de auga potable (unha debaixo de cada beirarrúa) formadas por tubaxes de polietileno de alta densidade. Instalarase unha nova liña de saneamento formada por 284 metros de colector de PVC liso e 6 metros de tubaxe de fundición dúctil. E disporase unha rede de pluviais formada por colectores de PVC corrugado de 295 metros de lonxitude.
Ademais, substituirase toda a rede aérea de alumeado por canalización soterrada para lograr un menor impacto visual e cada 25 metros se situará un punto de luz. Tamén de colocarán alcorques e bancos de madeira tratada. A obra enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (POS 2012).
Escultura: o ribeirense Gonzalo Sarasquete expón tres pezas nunha nova galería de arte de La Palma post.ly/9LXKw La Alemania que no se ve: oficinas de "trabajos de un día". Son salas de espera de madrugada para gente desesperada eldiario.es/internacional/… Que un de Carballo e un de Ribeira andemos por aí dando leccións morais deixa ver o nivel de dexeneración da sociedade actual cc/ @hominido
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario