- Instalan 28 taquillas para vendedores e persoal da praza
- Acótase unha área para deixar cans, instálase mobiliario urbano e píntanse zonas de descarga
Ribeira, 6 de setembro de 2012.- O Concello está a realizar unha serie de melloras no Mercado Provisional que redunden tanto nun máis óptimo funcionamento do mesmo como na comodidade dos usuarios que cada día acoden a estas instalacións en demanda de produtos alimentarios.
Así, nestes momentos estase a proceder, a demanda dos propios praceiros, á instalación de 28 taquillas individuais destinadas a albergar as equipacións e utensilios tanto de cada un dos vendedores do recinto, como de persoal municipal que traballa no mesmo.
Carpintería da UAD
Estas 28 taquillas, distribuídas en tres módulos de tres metros de ancho por dous metros de alto, foron construídas por alumnos do obradoiro de carpintería do Servizo de Drogodependencias da UAD e están feitas en branco e granate, de forma harmónica cos cores empregados nos uniformes dos vendedores e outros elementos.
Así mesmo, outra das actuacións emprendidas é o pintado da zona de carga e descarga situada na zona traseira da carpa que alberga o Mercado Provisional, para evitar posibles obstáculos nestas tarefas polo estacionamento indebido de vehículos.
Por outra parte, a demanda da propia cidadanía do municipio foron implantadas outras melloras, entre as que destaca unha zona de cans na que están situadas catro argolas nas que atar os animais mentres os seus donos efectúan as súas compras no interior da praza.
Ademais, tamén a petición da veciñanza instaláronse outros elementos de mobiliario urbano en fronte do recinto, como son dous bancos e tres macetas. O concelleiro Vicente Mariño estivo hoxe no mercado para supervisar os traballos.
Colaboración: Manuel Venator fala hoxe en "Abogados del diablo" de presuntos trolls de internet. Terá razón? A ver! certo.es/index.php?page… Quisiera disculparme con los arquitectos y con todas las personase instituciones que se hayan podido sentir molestas con mi comentario. EL ABC DE NUESTROS DIRIGENTES ES: LO SIENTO, LO RETIRO Y HARÉ LO QUE SEA AUNQUE HAYA DICHO QUE NO LO IBA A HACER. Cando Feijóo dixo "vapuléannos en Internet" non se refería á charla con @pararaparis Samo ama a Rajoy pero non llo di! certo.es/index.php?page…
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario