- O Concello recibiu este mediodía o medio de transporte
- Foi posible grazas ás doacións de 28 empresas de Barbanza e arredores, que sufragan o vehículo con publicidade no exterior do vehículo
Ribeira, 27 de setembro de 2012.- Dende hoxe a Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo do Concello dispón dun novo medio de transporte grazas á colaboración a cambio de publicidade de 28 empresas da zona. Trátase dunha furgoneta con capacidade para nove pasaxeiros cuxo financiamento puido ser posible a través da publicidade que, por medio da implicación das devanditas 28 entidades, rotula completamente o exterior do vehículo.
Custe cero
Tal e como aseverou o edil Vicente Mariño de Bricio, o emprego do vehículo por parte da súa Área Municipal para os usos que lle son propios terá un custe cero para o Concello pois a acción está sifragada mediante esta publicidade. Ademais, o vehículo pasará a ser de propiedade municipal tras cinco anos de funcionamento.
Esta acción totalmente novidosa na comarca de Barbanza foi posible contando coa xestión como intermediaria da empresa Vehículos Móviles Sociales, cuxo apoderado Segundo López, estivo presente no acto diante da praza do Concello e fixo entrega das chaves da furgoneta ao alcalde Manuel Ruiz.
Tamén estiveron presentes a práctica totalidade dos representantes das 28 empresas colaboradoras, que calquera pode ollar cando vexa este vehículo.
Sociedade: "Stop Desahucios Barbanza" reúnese este venres 28 para afrontar novos retos post.ly/9STs8 Por que nos telediarios non sale a policia dando leña na manifestacion sin ton nin son??? #censura!!! Ribeira: o Concello merca leiras por 112.000 euros para adicalas a áreas de esparexemento públicas post.ly/9ST4d Ninguém podia imaginar que o circo de siglas criado por @xmbeiras e @xoan_bascuas ia ser aproveitado magistralmente polo PP nas eleiçons...
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario