- En Oleiros, ao pé do campo de fútbol, e en Olveira
Hai pouco arranxouse en Palmeira o parque de Figueirido, engadindo barbacoas
Ribeira, 27 de setembro de 2012.- O Concello vén de formalizar esta mañá a adquisición de tres parcelas (unha situada na parroquia de Oleiros e dúas en Olveira) co fin de seguir promovendo o benestar dos veciños a través de novos equipamentos municipais e áreas de esparexemento.
Un dos terreos ten unha superficie de 16.684 metros cadrados e linda co campo de fútbol situado en Oleiros. O Executivo tomou a determinación de acadar este espazo coa fin de ser destinado a albergar novas instalacións deportivas.
Por outra parte, o Concello amplía o espazo público existente no lugar de Olveira de Arriba, na parroquia de Olveira, a través da adquisición de dúas leiras de 53 e 134 metros cadrados. Ambos están situadas a carón dunha zona de titularidade municipal o que -debidamente acondicionados os terreos- permitirá incrementar o disfrute e esparexemento dos veciños. A inversión global realizada polo Concello na adquisición destes terreos ascende a 112.000 euros.
Igrexa de Santa María A Antiga do Caramiñal wp.me/p2tPIw-b1 El mayor error de la transición fue no depurar los cuerpos policiales de torturadores. Un error a enmendar en la nueva república. #29S Política: Novas Xeracións estrea a curta "Caldo pentapartito" youtu.be/Xo2_E3yfO5c Presentarano ao certame @noiacurtas? Sitges? Cans seguro! Patrimonio: as claves de recuperación do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. hoyesarte.com/exposiciones-d… vía @hoyesarte_com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario