- Engadiuse área de lecer con merendeiros e parque infantil
- Investíronse máis de cen mil euros
Palmeira.- 10 de setembro de 2012.- Tan só faltan acometer os últimos detalles antes de concluír a remodelación do parque público situado no lugar de Figueirido (na parroquia de Palmeira, moi preto do seu límite coa cidade de Santa Uxía): unha actuación que tivo un investimento de 101.016,11 euros.
Co fin de fortalecer o uso recreativo desta parcela municipal (na que a vexetación existente impedía un correcto aproveitamento da mesma) o Concello decidiu crear unha zona axardinada con grellas e merendeiros, ademais dunha área infantil para os máis pequenos, con balancín, tobogán e outros elementos lúdicos. Así mesmo, fíxose unha senda peonil de zahorra artificial para dar acceso ao lugar e instalouse distinto mobiliario urbano.
Previamente, foi necesario desbrozar a superficie e remover a terra para compensar as partes con desniveis. A obra foi realizada pola empresa Lisardo Inversiones S.L. e tivo un prazo de execución de tres meses. A actuación está adscrita ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POS Complementario) da Deputación Provincial.
Os twitteiros galegos inda non felicitan a @feijoo2012 por este medio. Hoxe é o seu aniversario! Un pouquiño de por favor! eló PGL: «O galego, chave para os teus negócios no mundo» pglingua.org/noticias/infor… vía @pglingua Rianxo: o Concello e a plataforma "Vitaminas para o galego" presentan este mércores 12 a campaña "Móllate polo galego" post.ly/9EtwE Ribeira: abren prazo para anotarse á viaxe ao norte de Portugal do 21 de setembro post.ly/9EsTY Ribeira: este sábado, 15 de setembro, homenaxe a Ánxel Vila, patrón do Xurelo post.ly/9EsFC
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario