- Case 50.000 euros para esta actuación
Ribeira, 21 de setembro de 2012.- A comisión de goberno do Concello adxudicou na súa reunión de onte unha actuación dirixida á ampliación de beirarrúas e humanización e adecuación co entorno do edificio da Casa Consistorial.
A empresa Construcciones Mirón y Gutiérres S.L. resultou a adxudicataria da obra por un prezo de 48.186,81 euros.
Xardineiras decorativas
Actualmente, as beirarrúas da zona non teñen anchura suficiente para o tránsito fluído de peóns, e a maior superficie que se acadará coa actuación permitirá non só facilitar a circulación dos viandantes e aumentar a súa seguridade, senón tamén proceder á instalación de elementos decorativos como xardineiras de madeira.
A devandita ampliación afectará tanto a rúa que descorre pola parte traseira do Consistorio (nas dúas marxes) como aos dous laterais: o que está orientado cara á antiga oficina de Caixa Galicia e o de entrada e saída de Protección Civil.
Como parte desta actuación, eliminaranse todas as prazas reservadas de aparcamento existentes na zona, que estaban destinadas a membros da Corporación, policía e persoal municipal; e colocaranse bolardos para evitar que os vehículos invadan as beirarrúas. Na parte traseira deixarase un carril central para a circulación de vehículos.
Unha vez finalizados estes traballos, a zona de actuación quedará integrada no entorno no que se sitúa, xa que disporá dun pavimento de beirarrúas do mesmo material (lousas de granito abuxardado) que as de rúas lindeiras.
Ciencia: convocan el segundo premio "Ramiro Carregal" de investigación oncológica post.ly/9NxtH
— Certo (@Certo) September 21, 2012
Colaboración: Tamara Peña titula o seu Venres Caníbal "Galego sempre". A súa visión do idioma. A necesidade del. certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) September 21, 2012
Non hai rescate que valga. Todo o que meten é para pagar a banca alemana e holandesa.
— Alternativa Galega (@AlternativaGZ) September 21, 2012
Desconfío dos individuos que saben para que sirve unha deputación provincial. Algúns coñecementos resultan sospeitosos. wp.me/p2cTD0-Zw
— Juan Tallón (@xoantallon) September 21, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario