O congreso reuniu a especialistas en Obstetricia e Xinecoloxía de Galicia e de España. Na imaxe, camilla para partos nun hospital público galego
A Pobra do Caramiñal, 1 de outubro de 2012. O pasado 29 de setembro de 2012, na última xornada do V Congreso da Sanidade Galega de Contracepción que tivo lugar no Hospital da Barbanza, no cal participaron especialistas en Obstetricia e Xinecoloxía de tódolos hospitais de Galicia máis algún de Vitoria, Barcelona e Oporto, un dos facultativos participantes nunha das ponencias denunciou o mal estado en que se atopa o Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal ante o numeroso público asistente. O mesmo alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, participou nalgunha das ponencias.
Segundo o Psoe pobrense, "as deficiencias máis salientables que vimos denunciando de cotío son: humidades, pintura descorchada tanto nas consultas como en urxencias; contan con dous baños e case sempre están avariados, limpeza deficiente; falta de auga quente, …. Isto é unha mostra máis do descontento que existe, non só entre os usuarios, senón tamén entre os facultativos que teñen que prestar asistencia sanitaria nun inmoble que non reúne as mínimas condicións de salubridade".
Os Socialistas da Pobra, e tamén o Bng, como xa se publicou en Certo en máis dunha ocasión, levan denunciando o desleixo do centro de saúde dende fai anos sen que o equipo de goberno sexa capaz de cumprir cas necesidades mínimas que demandan os cidadáns. "Este goberno presidido polo popular Isaac Maceiras segue sen querer atender os problemas reais dos veciños", sinala Teresa García, voceira dos socialistas da Pobra.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario