31.1.10

Lingua galega: Vinte Dez TV (O Son) e Aguiño (Ribeira) nas Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística

Non se perdan a presentación (hai que ir dándolle ao play para adiante)

Comentan nesta entrada:
Os proxectos galardoados cos Premios de Innovación en Normalización Lingüística presentáronse onte nas Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Vinte Dez pechou unha xornada na que os asistentes puideron coñecer máis polo miúdo proxectos que destacan por promover o uso do galego a través da introdución do audiovisual nas aulas, do achegamento ás novas tecnoloxías e da posta en valor do multilingüismo por medio de diversos medios, como campañas de difusión, blogues, obradoiros, teatro radiofónico e mesmo festivais escolares de cine, etc. e da colaboración con diversas entidades culturais, asociativas, empresarias, deportivas etc.

Os centros premiados foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara,profesorado de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentou con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s. Ademais, foron recoñecidos cun accésit o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; e o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos".

E informa a Xunta de Galicia:
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou as Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, dirixidas ao profesorado implicado na elaboración dos proxectos gañadores destes premios. Durante a súa intervención, Anxo Lorenzo incidiu na importancia de poñer en marcha estratexias de dinamización lingüística a través das que fomentar o uso do galego no sistema educativo. O secretario xeral tamén fixo fincapé durante o seu relatorio, A dinamización lingüística nos centros de ensino. Estratexias básicas do dinamizador, na necesidade de traballar en rede, co fin de conseguir “unha maior conexión entre os axentes dinamizadores, así como un maior aproveitamento dos recursos”.

Anxo Lorenzo estivo acompañado na inauguración das xornadas polo subdirector xeral de Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Xosé Graña. Posteriormente, o catedrático de Educación Secundaria Felipe Zayas ofreceu un relatorio centrado na competencia en comunicación lingüística e mais na competencia dixital. Xa durante a tarde, o profesorado presentou os proxectos gañadores dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística e mais as medidas que se están a levar a cabo nos centros para fomentar o uso da lingua galega.

Iniciativas innovadoras para promover o uso da lingua galega
Os proxectos galardoados cos Premios de Innovación en Normalización Lingüística destacan, principalmente, por promover o uso do galego a través da introdución do audiovisual nas aulas, do achegamento ás novas tecnoloxías e da posta en valor do multilingüismo. As iniciativas gañadoras botan man de diversos medios, como campañas de difusión, blogues, obradoiros, teatro radiofónico e mesmo festivais escolares de cine, entre outros. Así mesmo, todas elas se caracterizan pola súa colaboración con diversas entidades culturais, asociativas, empresarias, deportivas etc.

Os sete centros galardoados deste ano, que recibiron un premio de 3.000 euros, foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara, de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentou con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s.

Debido á calidade e á cantidade de proxectos presentados este ano, concedéronse un total de catro accésits de 1.000 euros cada un. Estes recoñecementos foron para o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; para o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; para o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos; e mais para o IES Porto do Son, de Porto do Son, polo traballo 2010. Vinte dez.

As iniciativas dos proxectos premiados serán difundidas a través da rede e publicaranse os materiais educativos producidos na web de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, e no enderezo da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/portal.>

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: fotografías de hai máis dun século, cando era máis navegable

Nota: as imaxes teñen un pequeno lavado do Picasa (programa de fotos de Google). As orixinais, tal como as colgou o alcalde, aquí

Vía http://rafaelgarciaguerrero.blogspot.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: expoliado un reloxo de sol en Frións, Carreira

 Seguindo rastros de cousas perdidas, atopamos esta columna en Frións-Carreira, a cal soportaba un reloxo de sol por onde a veciñanza se rexía para desenvolver as faenas propias na vida da aldea. Agora, a un gran sector da sociedade, maldita a falta que lle fai. Dormen de día e folgan de noite!

Reloxos, picotas, horcas,  rollos, miliarios, estelas funerarias e outros elementos da antigüidade pasaron a formar parte de muros, lousados de rúas, e construccións de vivendas, chouzas e alpendres. Os outeiros monumentais que destacaban nas atalaias foron derruídos a golpe de grilo para construír a inmensidade de casas espalladas por vilas e aldeas.

¿Qué lle imos facer? Foi unha necesidade.

Os reloxos de pedra eran respectuosos coa xente e co medio ambiente. Non tradeaban os oídos coma os das torres das igrexas, nin eran terebrantes coma os dos concellos e catedrais, que fan condenar e tolear á veciñanza sen ter quen lles abra unha porta para verter as súas queixas.

Os reloxos antigos só daban a hora ao que a quería. Os das torres métencha no cranio, e por se fora pouco, céibanche o carillón. Nin que tiveran comisións coas boticas para vender somníferos, audífonos ou coas consultas de otorrinos, neurólogos, psicólogos e louqueiros!


—¡Leña con estes pagáns! A ver quen manda aquí! —din os que lle dan corda o reloxo.

Os ruídos de antes eran máis nobres

Simil pescaba as piallas no Camouco. A súa irmán mandáballe un mensaxe: .— ¡Manuellll. A comerrrrr…¡ E o son, natural, esvaraba lene, mainiño e puro ata que chegaba a Manuel que, coa man na orella, recollía claramente a mensaxe, e deseñando un embude coas curtidas mans respostáballe polo burato: ¡Xa vou....! E o son, modulado, chegaba en clave á ventá da súa irmán coa nitidez, discreción e anonimato natural. Vouuuu…!

Agora queres chamar a Manuel e o son non pode camiñar por estes aires podres, e pode pasar que o móbil non teña cobertura, non teña batería, non o leve consigo, o teña apagado, morto ou o teña un polbo no caveiro.

Os reloxos modernos atópanse en tódolos lados, nos móbiles, nos ordenadores, na pulsera, nas radios, nas televisións, nos coches e nun sinfín de electrodomésticos, e pese a todo, os reloxos dos campanarios seguen a fastidiar.

Non me estrañaría que algún mozo da aldea teña este reloxo de sol na mesiña de noite.

 

A primeira foto pertence á columna de Frións.

A segunda é unha hipotética montaxe na columna de cómo puido ser.

A terceira recolle o reloxo da fábrica de Baquero en Palmeira, do cal non sei o seu paradoiro.
 
Domingo Regueira

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Internet: Naceu "Clicómics", o Chuza! ou Menéame para banda deseñada

Se vostede non sabe o que é Menéame (http://www.meneame.net) ou Chuza! (http://chuza.org) pode que non entenda Clicómics. Só unha pista: son webs onde votas por noticias que che interesaron ou, se te rexistras, envías novas que cres que poden interesar á comunidade. Entón, Clicómics, por analoxía, debería ser o lugar onde ti votes viñetas que che gusten ou envíes humor gráfico que foi do teu agrado. Tamén podes votar negativo.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

30.1.10

Entroido: comezan a pecharse datas para celebralo en numerosos sitios

Non só vai haber os Entroidos "oficiais" (os que pagamos todos cos nosos impostos). Tamén grupos de amigos, bares e mesmo liceos o organizan pola súa conta. O caso é pasalo ben.
Dous exemplos:
O venres 12, o grupo BISÖN (http://www.myspace.com/grupobison) uníronse á celebración do entroido, coa incrible e inigualable Charanga Punky dos JALOCHOS (http://bastantesllon.org/index.php/jalochos) que tamén confirmaron a súa asistencia. Non faltará o churrasco.
DIA: Venres 12 de Febreiro do 2010
LUGAR: Bar/Restaurante "El Salvador"
(Camiño das Dunas de Corrubedo)
Olveira - Riveira - A Coruña - Galiza
HORA: A partir das 21:00 h.

E en Pobra:

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical