http://www.auroramarco.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O escenario do Centro Dramático convértese nun ring para acoller esta proposta protagonizada por Paula Carballeira, Anabell Gago, Chiqui Pereira e Hugo Torres. Escrita por Paula Carballeira, e baixo o prisma do humor e da ironía, a obra reflexiona sobre a violencia e o que nos impulsa a querer contemplala
Santiago, 30 de marzo de 2011.- O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana dúas funcións de Pressing Catch, o último espectáculo da compañía compostelá Berrobambán, que se vale desta particular técnica de loita libre para reflexionar sobre as formas de violencia, sen deixar de lado o sentido do humor e a ironía. Realizada baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e a partir dun texto asinado por Paula Carballeira, a montaxe poderá verse o venres 1 e o sábado 2 de abril ás 20.30 horas.
En plena era do medo, da violencia como espectáculo, Berrobambán afonda no que nos impulsa a querer contemplala, desde o circo romano ata o formato televisivo do wrestling. Pero os seus loitadores son xente da vida cotiá coa que calquera pode sentirse identificado. A compañía galega fai teatro do espectáculo do «pressing catch», tomando algunhas das súas convencións como os epítetos dos loitadores, a acrobacia, ou a música que os acompaña, aínda que introducindo variantes coma o coidado dos diálogos, a presenza feminina e, sobre todo, a descontextualización da loita.
Paula Carballeira, Anabell Gago, Chiqui Pereira e Hugo Torres interpretan esta proposta, na que a loita que se realiza nos cuadriláteros, seguindo unhas normas determinadas, ocupa un espazo de ficción: o teatro. Á vez, ten un paralelismo coa realidade, cos loitadores e loitadoras anónimos que realizamos actos de violencia cada día sen reparar neles.
Público adulto
Berrobambán cambia o seu público habitual, o infantil, e enfrontase á audiencia adulta por terceira vez, tras NdC (2000) e Vendetta (2004), obras que incluían ao espectador como interlocutor dos personaxes. Esta preocupación por que o público forme parte da historia que se está a contar permanece nesta proposta, ao igual que a coreografía do movemento escénico e a estética do desencanto para facer reaccionar a quen asiste á representación.
En Pressing Catch un DJ introduce os personaxes moi próximos, que viven e empregan a violencia de formas distintas: Lola, unha muller de armas tomar que usa a violencia como sistema defensivo; Hellmaster, avogado de éxito profesional, pero cunha vida familiar que non é quen de xestionar; e A Chorona, experta na chantaxe emocional e no vitimismo. Todos eles son controlados por un árbitro que non quería selo, un eterno perdedor nun mundo de gañadores encargado de pór orde no caos.
O propio espectáculo que dá título á obra é el mesmo unha alegoría da sociedade contemporánea, un ring onde homes e mulleres adoptan unha violencia de maior ou menor intensidade, baixo a ollada reguladora dun árbitro que a duras penas acepta o seu papel de observador e vixía neutral. El é o responsable da orde porque mesmo a violencia debe someterse á súa esixencia reguladora.
Proxecto multidisciplinar
Pressing Catch é un proxecto multidisciplinar que abrangue a produción musical, editorial, multimedia e audiovisual. O espectáculo, ademais de actuacións musicais en directo, achega pequenas curtametraxes realizadas por Carlos Alberto Alonso, que contan a vida dos protagonistas cando están fóra do ring. Estas pezas audiovisuais presentan «cameos» estelares, intervencións de actores e actrices que colaboraron desinteresadamente e que o público poderá recoñecer. Ao traballo de Alonso nos vídeos, súmase o de Soyuz na música, Pablo Pastor na escenografía, Fidel Vázquez na iluminación e Cloti Vaello no vestiario. David Loira encargouse da coreografía e Ramón Bermejo, do adestramento vocal.
O texto dramático de Carballeira foi publicado por Edicións Positivas e estase a editar tamén o CD Pressing Catch. 12 cancións dende o ring, resultado dun certame de temas en galego en que participaron dúas ducias de agrupacións. A obra xestouse no curso de escrita teatral organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) Pistas para unha dramaturxia da actualidade.
As entradas para as funcións de Pressing Catch do venres 1 e do sábado 2 xa están dispoñibles a través do teléfono 902 43 44 43 ou da billeteira da web www.caixagalicia.es. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro desde as 18:30 horas. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).
Antes, sobre Quico Cadaval, publicamos todas estas novas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 30 de marzo de 2011. A Deputación da Coruña destinará 250.000 euros para financiar a primeira fase do proxecto de construción dun centro sociocultural, que se situará nunha parcela da escola unitaria da Capela, na parroquia rianxeira de Araño.
A achega provincial representa o 100% do importe total das obras, segundo se recolle no convenio subscrito esta mañá, na sede da institución provincial polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da localidade, Pedro Piñeiro Hermida.
A nova edificación, de 906 metros cadrados, situarase no actual espazo de patio e a pista descuberta, manténdose a actual edificación da escola.
O centro sociocultural de Araño contará con planta baixa, na que se situará unha sala de exposicións, un taller , un local de usos múltiples, almacén, local para cadros eléctricos, aseos, dúas aulas e biblioteca; e planta alta que disporá dunha sala de reunións, catro despachos e aseos.
A cuberta do edificio será de zinc a dúas augas, e o inmoble contará con revestimento exterior de granito e carpintería de aluminio lacado con acristalamento.
Nesta primeira fase realizaranse obras nunha superficie de 445,67 metros cadrados, que engloban a sala de exposicións, o porche de acceso, o local de usos múltiples, almacén, local para cadros eléctricos, sala para material de limpeza, e aseos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 30 de marzo de 2011. O artista boirense-noiés Ismael Teira é o comisario da mostra "Noia en Festas", unha exposición que se estrutura a modo de percorrido ao longo dunha selección de carteis de diferentes creadores que estiveron anunciando no seu momento algún dos tres grandes acontecementos festivos en Noia: a Feira de San Marcos, as Festas de San Bartolomeu e a Feira Medieval. O proxecto reúne obra de Antón Avilés de Taramancos, Ricardo de Barreiro, Alfonso Costa, Manuel Romero, Nacho C. Beiro, Francisco Creo, Sesé Fernández Leiceaga, Veiras Manteiga, Argimiro Suárez Ferreiro ou Suso Xogaina, entre moitos outros.
A mostra presenta unha selección organizada en base a diferentes liñas (temática, cronolóxica, de autores, etc.) para constituir deste xeito unha sala estruturada e facer da visita un momento entretido, productivo e didáctico. Editarase ademáis un catálgo con todas as obras.Lugar: Sala de exposicións do Coliseo Noela (Noia)
Porros, maría, marihuana, cánabo: o 15 de abril, protagonista
Pode que lle interese:
Premio: bases do certame de pintura ao aire libre "Sesé" (é o 23 de abril)
Certame: prazo ata 30 de abril para presentarse ao "Antón Avilés" de relato
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 29 de marzo de 2011. O grupo municipal socialista ribeirense presentou unha pregunta para ser respostada en pleno na que claramente acusa ao Concello de ser en parte responsable da alta sinistralidade viaria (no que se refire a atropelos) por causa do mal deseño dos pasos de peóns.
Pregunta íntegra:PREGUNTA Á ALCALDÍA SOBRE COUSAS QUE INCIDEN NA ALTA SINISTRALIDADE VIARIA EN RIBEIRASr. Alcalde/Presidente do Concello de Ribeira:Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro, 29 de marzo de 2011. O Concello de Boiro, a través do Alcalde, Xosé Deira, e do Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, quere manifestar a súa "satisfacción e orgullo" pola concesión do premio “María Casares” de teatro á actriz boirense Marta Ríos, na modalidade de mellor actriz secundaria, así como trasladarlle os parabéns de toda a corporación. Estes galardóns, promovidos pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, chegaron á súa XV edición e entregáronse o pasado día 23 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Marta Ríos foi premiada pola súa interpretación na obra Volpone, de Talía Teatro.
Marta Ríos formou parte da compañía de teatro municipal boirense Teatro do Improvisto desde os seus inicios, no ano 1994, e tras moitos anos, foi unha das compoñentes que deixou o grupo afeccionado para pasarse ao teatro profesional con Talía Teatro, aínda que seguiu colaborando co grupo municipal. Na súa traxectoria profesional, que inclúe tamén a televisión, ten igualmente un oco para a docencia, xa que actualmente tamén imparte cursos de teatro en Boiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia