25.8.11

Ribeira: este sábado 27 explican como se fixo "Tiburón" no Ateneo Valle-Inclán

Jaws_ateneo_2011

En Certo entrevistamos ao poñente, Toño Maño, aquí

Media_httpfarm2static_jzfoa

Abstéñanse "mariñeiros" doadamente impresionables...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o conselleiro de Educación pasou revista a dous colexios que amañou o seu departamento

Xess_vzquez_e_isaac_maceiras

  • Xesús Vázquez Abad visitou hoxe a Escola Infantil Fernández Varela e o CEP Pilar Maestu Sierra
  • A Consellería leva invertido preto de 380.000 euros na mellora dos centros educativos do concello no que vai de lexislatura
A Pobra do Caramiñal, 25 de agosto de 2011.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá a Escola de Educación Infantil Fernández Varela e máis o CEP Pilar Maestu Sierra para comprobar o estado dos traballos de mellora realizados en ambos os dous centros de ensino do concello da Pobra do Caramiñal.

Acompañado pola xefa territorial de Educación, María Teresa Villaverde Pais, e pola directora do centro, Mª Josefina Pacheco Etchevers, Vázquez Abad percorreu as instalacións da EEI Fernández Varela. Alí o conselleiro puido comprobar o estado das obras realizadas no centro por valor de 50.000, coa fin de repor a cuberta do mesmo e acondicionar as instalacións para o vindeiro curso educativo, beneficiando aos seus 104 alumnos. Ademais, o centro continuará a beneficiarse do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares coa fin de fomentar a lectura entre o alumnado, ao que a Consellería destinou xa 13.700 euros

Vázquez Abad tamén se achegou ao CEP Pilar Maestu Sierra, onde mantivo un encontro co seu director, Xosé Vicente Vázquez Arias. Durante o seu percorrido polo colexio, que presta servizo a 84 alumnos, o conselleiro deu conta das obras de mellora das instalacións de fontanería do centro, que supuxeron un investimento de máis de 28.000 euros.

Grazas a estas accións, o vindeiro curso académico un total de 188 alumnos, pertencentes a ambos centros poderán gozar de instalacións en óptimas condicións.

Compromiso co concello

Con esta visita -sempre segundo nota da Xunta- a Consellería reafirma o seu compromiso coa Pobra do Caramiñal. Dende os comezos da lexislatura, o departamento de Xesús Vázquez Abad leva invertidos preto de 380.000 euros na mellora e acondicionamento dos centros de ensino públicos deste concello barbanzano.

Aproveitou a ocasión para agradecer o esforzo do profesorado galego, sen o cal sería imposible acadar bos resultados no ámbito educacional, aspirar a excelencia e permanente mellora do sistema educativo para dar a mellor formación posible ao conxunto do alumnado de Galicia e garantir o futuro de todos.

Cinco centros de Barbanza no Proxecto Abalar

Doutra banda, o conselleiro lembrou a participación dos centros da comarca do Barbanza nos proxectos máis novidosos da Consellería. De feito, outro dos centros de ensino do concello, o IES da Pobra do Caramiñal, forma parte do Proxecto Abalar. En total son 5 os centros de ensino da comarca integrados nesta iniciativa posta en marcha coa finalidade de lograr a plena integración do sistema educativo galego na nova realidade tecnolóxica. O vindeiro curso, e por levaren integrados no proxecto desde o 2010/2011, estes centros duplicarán as súas aulas Abalar para continuar co desenvolvemento do proxecto nos cursos implicados.

Cómpre ademais lembrar a incorporación o vindeiro curso académico á Rede de Centros Plurilingües de 3 centros de ensino da comarca do Barbanza. Estes centros uniranse ao CEIP O Grupo, de Ribeira, que se integrou nesta iniciativa o pasado curso, e que este ano estenderá as súas accións a 1º e 2º de primaria.

Nin unha palabra sobre o conflito no IES Coroso de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: orde do día do pleno ordinario de hoxe no Concello

DATA SESION: 25 DE AGOSTO DE 2011.
HORA: 20,00.
En virtude das competencias que me confire o artigo 41.4 do RD 2568/86 ROF, e asistido pola Secretaria do concello, de conformidade co acordo plenario adoptado en sesión do dia
30/06/2011, polo que se determina a periodicidade da celebración das sesións ordinarias deste órgano, que terán lugar o ultimo xoves de cada mes ás 20:00horas, esta Alcaldia-Presidencia

ACORDA:
Primeiro: Convocar aos sres/as concelleiros/as para o dia e hora sinalada arriba (unha hora despois en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira) no Salón de Plenos a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DIA

1o.- APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR: 14 de xullo de 2011.-

2o.- DACION DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DE ALCALDIA E ACTAS DA XUNTA DE GOBERNO.

3o.-DAR CONTA DO ESCRITO SOBRE A NOVA COMPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO
PSdeG-PSOE.-

4o.- DAR CONTA da VARIACIÓN DE MEMBROS NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS POR BANDA DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE

5o.- DAR CONTA DA RESOLUCIÓN No 1056/2011, DE NOVA CONCELLEIRA DELEGADA.

6o.- DAR CONTA DA MODIFICACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS NA XGL
(R.A no 1052/2011)

7o.- DACION DE CONTA DO INFORME DE TESOURERIA E INTERVENCION SOBRE MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS( 26/07/2011).

8o.- NOMEAMENTO DO REPRESENTANTE DA CORPORACIÓN EN CONSELLO ESCOLAR.-

9o.- NOMEAMENTO VOGAL E, REPRESENTANTE DE SE-LO CASO, NO CONSELLO TERRITORIAL DA PROPIEDADE INMOBILIARIA.-

10o.- PROPOSTA DE FESTIVOS LOCAIS ANO 2012.

11o.- MOCIÓNS DE URXENCIA.

12o.- ROGOS E PREGUNTAS


(vía Alcalde de Rianxo)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.8.11

Lousame: homenaxean ao fundador de Los Tamara, o noiés Prudencio Romo, este domingo 28


En Noia adicáronlle o local de ensaio para os músicos a Romo

Lousame, 24 de agosto de 2011. A banda de música de Lousame ofrecerá este domingo, 28 de agosto, un concerto-homenaxe a Prudencio Romo (1927-2007), músico noiés que fundou Los Tamara e que tamén dá nome á escola de música de Lousame, partillada co musicólogo de Nebra (Porto do Son) José López Calo. O concerto será no campo do San Roquiño, sobre as seis da tarde, logo da misa cantada na súa lembranza que terá lugar na capela de San Roquiño.


Loli Gómez presentará a homenaxe

Actúan, ademais da banda anfitriona, a Coral Polifónica de Noia e as bandas de Teo e Merza. Interpretarán pezas de Los Tamara e outras propias. O acto vaino presentar a xornalista televisiva de Noia Loli Gómez, que deu o ano pasado o pregón do San Bartolomeu en Noia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: na fin de semana do 10 e 11 de setembro, quinta Xuntanza de Motos Antigas

Ribeira: este venres 26, "Meigallo" no Malecón, dentro do programa "Verán máxico"

Media_httpwwwchrystya_paudv

Ribeira, 24 de agosto de 2011.-
A Concellería de Cultura, coa colaboración da Agadic e da Consellería de Cultura de Turismo da Xunta de Galicia, promove a maxia dentro do programa Verán Cultural 2011. 

O vindeiro venres, 26 de agosto, ás 22.00 h, no Paseo do Malecón, fronte ao Palco de Pedra, a maxia chegará á cidade da man de Chrystyan Magic, co seu espectáculo “Meigallo”. 

Máis info na web http://www.chrystyanmagic.com/es/component/content/article/79-meigallo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: este venres 26, novo festival de música autoxestionado, o Aduana Fest

A Pobra, 24 de agosto de 2011. Este venres 26 de agosto terá lugar a primeira edición do Aduana Fest, organizado por "A Aduana Fantasma". A hora de inicio son as seis da tarde (18:00 horas) e o lugar do concerto será o patio traseiro do local de "Xente ás Leiras", tras da Fonte do Castelo.
No cartel deste primeiro festival estarán, en principio:

LA VIEJA YEGUA GRIS (Punk Chabola)
KLAUSURA (Punk rock Pobra)
GOLPE RADIKAL (HxC Pobra)
CHESTER CHETO (Un grupo serio)
THE FE KAOS (Punk Chabola)
GENERAZION PERDIDA (Punk Chabola)

Algúns grupos están aínda sen confirmar e non teñen claro se haberá alguen máis de última hora. Quen queira máis información debe acudir á asamblea extraordinaria que se fará este mércores 24 ás nove da noite no local de Xente ás Leiras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: este mércores 24 de agosto, Pés Ceibes representa "Pin Pam"

Pes_ceibes


A Pobra, 24 de agosto de 2011. Hoxe, mércores, ás 20:30 no Cantón da Leña, actúa a compañía Pés Ceibes para representar a súa obra de teatro "Pin Pam".

     No 2008 estes Pés Ceibes botaron a andar polas rúas de Galiza polo simple motivo de amosar aquilo que tanto lles gostaba facer TEATRO. Certo que moitas outras aspectos de escena trasparéntanse nesta nova compañía: títeres, mímica … e moitísimo clown.  
     Neste combinado remexido polos anos ata o 2011, o seu espectáculo PIN PAM acompaña ao viandante nas prazas dentro e fóra de Galiza. No rueiro de Pés Ceibes existen numerosas rúas, parques, beirarrúas, festivais e lama das rías que viron como uns Pés Ceibes deixaban a súa humilde pegada defendendo o teatro de rúa como canle de comunicación e expresión.

   No elenco artístico figuran Alenya Espiñeira, Marta Ortiz, Olga Abad, Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño.

De que vai Pin Pam?

É unha conmovedora historia de amor entre dous monicreques. A súa forza de vontade e sentimento farán que rompan os fíos que os manexan. Este amor conseguirá sobrepoñerse á rivalidade dos seus manipuladores, dous titiriteiros tan competitivos como peculiares. As súas peripecias, así como as dos monicreques, conseguirán roubar máis dun sorriso.

Máis info en http://onosocirco.com/gl/artistas/item/14-pesceibes.html
     
     

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este venres 26, cinema para nenos e o sábado 27, concerto con bandas sonoras infantís

Rianxo, 24 de agosto de 2011. A programación cultural para esta fin de semana dentro do Verán Cultural de Rianxo contén estas actividades:
  • CINEMA INFANTIL: Toy Story 3
DÍA: venres 26 de agosto
HORA: 11.30 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo

  • VII CICLO DE BANDAS: Concerto Músicas do cinema infantil a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo.
DÍA: sábado 27 de agosto
HORA: 21.30 h
LUGAR: Campo de Arriba (no caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo)

Este sábado terá lugar o peche dos concertos do VII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello. A Banda da Escola de Música de Rianxo deleitaranos cun concerto titulado Músicas do Cinema Infantil onde interpretarán diferentes pezas musicais de películas para os máis cativos/as.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: o Bng solicita que se mellore a estrada que comunica a C-550 coa praia de Broña

Outes, 24 de agosto de 2011. O BNG de Outes solicitará  no vindeiro pleno de mañá, 25 de agosto, a mellora da estrada que comunica a Comarcal 550 coa Praia de Broña así como diversas melloras de acondicionamento neste areal. Dito vial, dis os nacionalistas outienses, "rexistra unha importante afluencia de tráfico sobre todo nos meses de verán polo que se fai necesario unha actuación de mellora tanto no seu trazado como no seu firme. En particular, é imprescindíbel que se proceda canto antes a anchear a ponte sobre o río Bendimón, ao seu paso polo Requeixiño, onde non poden pasar dous coches ao mesmo tempo o que da lugar a frecuentes atascos e molestias tanto para condutores como para viandantes". 

Antes, en Certo:


moción Broña.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical